in

O Auditorio de Galicia e o Teatro Principal levantan o pano con Matarile

Daimon |
A concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, presentou onte –xunto a Ana Vallés e Baltasar Patiño– a función de Daimon y la jodida lógica, a obra de Matarile Teatro coa que se levanta o pano no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal. Será o venres 3 de xullo ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia. Ábrese así a programación de Volvemos á escena! – Xullo 2020, que recupera sete dos espectáculos adiados pola alerta sanitaria.

 

Daimon y la jodida lógica é a última creación de Matarile Teatro dirixida por Ana Vallés. Gran formato que sube ata nove intérpretes á escena.

A información do protocolo de acceso –entradas e saídas de forma graduada para os espectáculos– pode consultarse na web compostelacultura.org. En todo momento primará a o mantemento da distancia de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans.

Con respecto ao despacho de billetes –sempre que sexa posible– recoméndase a adquisición de entradas a través da plataforma compostelacultura.org. Neste sentido, cómpre indicar que o límite de aforo é agora de 147 localidades na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia e de 77 butacas no Teatro Principal. A billeteira do Auditorio de Galicia abrirá so o día do espectáculo unha hora e media antes do comezo. E a do Principal estará aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00.


Publicidade

 

Volvemos á escena! – Xullo 2020

Despois desta estrea, a programación de Volvemos á escena! – Xullo 2020 continuará, xa no Teatro Principal, onde poderemos seguir gozando de compañías e intérpretes galegos/as de danza, teatro e música. Todas as funcións serán no Teatro Principal ás 20:30 h:

  • Nova Galega de Danza presenta o 4 de xullo Leira, un espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo.
  • Os días 7 e 8 de xullo, Redrum Teatro estrea O mozo da última fila, a versión en galego do texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos.
  • O 9 e 10 de xullo, Marelas Producións presenta Liberto, obra que revisa os límites socialmente acordados, un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando.
  • Da man de Volta e Dalle, o 11 e 12 de xullo representarase Falar por falar, un achegamento á realidade da lingua dende a propia vivencia dos falantes e os non falantes.
  • A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico, terá dúas funcións o 14 e 15 de xullo. Hèléne Cixous, a autora, inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como “a raíña dos bandidos”, quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio.
  • E péchase esta volta á escena do mes de xullo con música. Mercedes máis eu é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Paula Carballeira

Paula Carballeira participa no Torneo de Dramaturxia do Teatro Español de Madrid

LoboBobo |

O Festival Fazer a Festa celebra a súa 39ª edición