in

Janet Novás estrea nova peza nos Teatros del Canal de Madrid

feelings |

Janet Novás presentará nos Teatros del Canal de Madrid, o 5 e 6 de outubro, Mercedes e eu, no ciclo “Aberto en Canal” no que se mostran as propostas que os residentes no Centro Danza Canal desenvolveron durante a súa estancia.

Malia que durante toda a súa carreira, Janet Novas (Porriño, Pontevedra, 1982) colaborou con moitos artistas, coa cantante Mercedes Peón xurdiu un lazo moi estreito que provocou un acto de introspección na coreógrafa galega, que lanza agora unha mirada moi atrás nas súas orixes, descubrindo a enorme influencia que tiveron sobre a súa carreira dez anos bailando danzas tradicionais populares e tradicionais galegas, que nin sequera cita no seu currículo.

“O achegamento ao traballo de Mercedes Peón fíxome tomar conciencia da importancia da memoria do meu corpo”, di a artista, “de como as miñas raíces influenciaron a miña forma de entender o movemento e sentilo.” Desta relación e esas reflexións xorde, daquela, a necesidade escénica de manifestalo en Mercedes e eu, espectáculo que terá a Novás bailando e a Peón cantando en directo.

Publicidade

Trátase da materialización dunha nova investigación que lle permite mergullarse no peso da tradición mais tamén seguir afondando en vellas preocupacións como a relación entre corpo e voz. Desde 2008, cando empezou a desenvolver o seu propio traballo creativo, Janet Novás apareceu no escenario sempre comprometida coa experimentación, a investigación e unha busca incesante e persoal, que se manifestou en creacións delicadas e de gran sensibilidad como Cara pintada, Who will save me today? ou a máis recente, Si pudiera hablar de esto no haría esto. Da súa formación destacou a miúdo as súas experiencias na vangarda de Bruxelas, Berlín e Madrid. Coherente co seu proceso, estabeleceu colaboracións moi próximas con artistas afíns como o compositor Haru Mori, o coreógrafo e performer Ricardo Santana e moi especialmente coa cantante e compositora Mercedes Peón, a quen coñeceu en 2014 e que a acompañou en varios proxectos antes desta decidida colaboración.

Ao finalizar a función do día 5 de outubro, celebrarase un encontro co público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OasisParaiso |

TRC Danza dá a coñecer os proxectos das Residencias Paraíso 2017

audience 828584 1280 |

TRC Danza abre a convocatoria para a segunda parte do Taller de Público(s)