TRC Danza abre a convocatoria para a segunda parte do Taller de Público(s) que puxo en marcha este ano da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza Fernández.
Trátase de compartir as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea na actualidade, acompañando a programación anual do ciclo TRC Danza 2018. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadores activos.
As prazas son limitadas. Todas as persoas interesadas poden inscribirse enviando unhas liñas de motivación por correo electrónico a trcdanza@gmail.com ata o luns 16 de abril. A inscrición farase en calquera caso por orde de chegada das solicitudes.
Máis información aquí.
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



