in

O Festival Fazer a Festa celebra a súa 39ª edición

LoboBobo |
Do 10 ao 19 de xullo terá lugar a 39ª edición do Fazer a Festa, Festival de Teatro para Infancia e Xuventude que organiza a compañía Teatro Art’Imagem. Cinco compañías de Portugal e Galicia presentarán os seus espectáculos no xardín da Quinta da Caverneira dentro dun programa que suma un encontro sobre teatro para infancia e xuventude, unha exposición e a homenaxe á compañía Pé de Vento.

 

O encontro “O teatro para a infancia e a xuventude en tempos de Covid-19” abrirá a primeira xornada do Fazer a Festa o 10 de xullo a partir das 18:00. A continuación, o acto O(s) Nosso(s) Amigo(s) Dedicado(s) renderá homenaxe ao creador João Luiz e á compañía Pé de Vento para seguir coa visita á exposición Um Percurso Teatral Singular sobre esta compañía portuense.

O sábado 11 de xullo o programa continuará con Contos do Lápis Verde, da propia compañía portuense Pé de vento mentres que o domingo 12 de xullo será o tempo para O Rei Vai Nu, do grupo Chão de Oliva.


Publicidade

A segunda semana de Festival comezará o sábado 18 de xullo cunha dobre sesión: ás 11:00, Teatro Art’Imagem ofrece a lectura expresiva para crianzas Historias de Pássaros (Teatro a Ler) mentres que, ás 18:00, a compañía de Leiría Te-Ato desembarcará nos xardíns da Quinta da Caverneira co espectáculo O Fio da Linha do Horizonte.

Por último, o domingo 19 de xullo ás 18:00 horas Lobo Bobo, da compañía galega Elefante Elegante será encargada de abrir o último día do Fazer a Festa para continuar coa presentación dos Novos Cadernos Fazer a Festa nº3 e a clasura desta edición adiada e adaptada pola crise sanitaria.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Daimon |

O Auditorio de Galicia e o Teatro Principal levantan o pano con Matarile

RibadaviaPublico1 |

A MIT Ribadavia implica ao público máis novo