in ,

A MIT Ribadavia implica ao público máis novo

RibadaviaPublico1 |
A MIT pon en marcha un proxecto novo para público adolescente, o concurso “A miña primeira MIT”. Unha aposta clara por ampliar e contar co público como protagonista, especialmente coa creatividade e a participación dos de idade adolescente.

 

Dentro das Actividades paralelas da Mostra, a MIT pon en marcha un programa específico para público adolescente. O proxecto nace coa intención de fomentar a participación da mocidade nos ámbitos cultural e xornalístico. Tamén o fomento dos valores culturais, do uso da lingua galega e do patrimonio.

Poderán participar todas as persoas que reúnan os requisitos de idade, cun texto escrito en lingua galega non superior a 3.000 caracteres no que se relate a experiencia dun espectáculo ou actividade na MIT e acompañado dunha fotografía orixinal da MIT 2020.

Publicidade

Os textos deberán expresar unha reflexión orixinal sobre algunha experiencia e/ou a recepción dalgún espectáculo ou varios espectáculos que formen parte da programación da MIT de Ribadavia, apoiado por unha imaxe.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, acudan á MIT 2020 e teñan entre 15 e 18 anos. Entregaranse 3 premios:

1º – 100 €, unha estadía para 4 persoas (unha noite en réxime de aloxamento e almorzo, e acceso ó SPA para as catro persoas) nun hotel de Galicia e publicación do artigo.

2º – 50 €, un lote de produtos Coren valorado en 50€ e publicación do artigo.

3º – Un lote de produtos Coren e publicación do artigo.

Os textos deberán enviarse ao seguinte enderezo electrónico con data límite do 27 de xullo: [email protected]

Os gañadores/as escolleranse entre unha persoa designada por La Región e unha persoa designada pola MIT.

O acto de entrega terá lugar nas instalacións de La Región, medio no que se publicarán os textos gañadores, con representantes da MIT e do grupo de comunicación ourensán, colaborador con esta iniciativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

LoboBobo |

O Festival Fazer a Festa celebra a súa 39ª edición

MostraCangasExpoLuzBeloso |

Unha exposición sobre a ilustradora Luz Beloso abre os actos da Mostra de Teatro de Cangas