in

Vigo presenta a súa programación de espectáculos con dobres funcións como novidade

Auditorio Municipal de Vigo

Para o comezo de 2021, Vigocultura aposta por unha programación para todos os públicos composta por teatro, danza, circo, espectáculos para bebés e espectáculos de microteatro. Un total de 23 compañías, con 22 espectáculos diferentes, que encherán 31 días de programación, desde febreiro ata o 1 de maio.

O Concello de Vigo presenta a súa programación Vigocultura de artes escénicas para o primeiro semestre do ano, despois de consolidarse no ano 2020 na súa aposta polo apoio ás compañías de artes escénicas. Vigo foi un dos concellos que optou por non cancelar ningún espectáculo por mor da COVID-19, reprogramando a carteleira ao longo do ano.

Apoio ás compañías con dobres funcións

Como novidade, e ante a situación de aforos reducidos (81 butacas habilitadas das 285 dispoñibles), Vigocultura realizará dous pases para cada espectáculo, para público adulto os venres e sábados ás 20.00 horas, e con dúas funcións os domingos (ás 12.30 e 18.00 horas) nos espectáculos familiares.

Os prezos para os espectáculos de adultos serán de 8 € en xeral, 9 € no caso do Programa 3×3 (9 € cada día ou 15 € os dous días), e os dirixidos a público familiar de 5 €.

A venda de abonos de Vigocultura está aberta ata o 30 de xaneiro. A partir do 1 de febreiro tamén poderán adquirirse as entradas soltas, así como abonos á carta na billeteira do propio Auditorio os venres, sábados e domingos nos horarios indicados no programa.


Publicidade

 

[3d-flip-book mode="fullscreen" id="18083" ][/3d-flip-book]

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva gaña o primeiro Certame de Microteatro da Memoria

O charco de Ulises CDG

O CDG estrea este domingo a canle de teatro en liña con ‘O charco de Ulises’