O novo espectáculo da compañía preséntase o domingo 7 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 18.30 h.
Nina Ninette, a nova proposta de danza para público familiar da compañía trasPediante, preséntase o próximo domingo 7 de marzo no Teatro Principal de Compostela. Este conto iniciático, inspirado na estética do Ballet Triádico que Oskar Schlemmer presentou na escola da Bauhaus en 1921, fala sobre a beleza e a rebeldía.
María Torres, da compañía Elefante Elegante), xunto a Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, de trasPediante, son as creadoras de Nina Ninette nos apartados de escrita, dirección e coreografía. Tejada e Quintas forman parte, tamén, do elenco, o cal complétase coa actriz Carlota Mosquera. A escenografía corre a cargo de Gonçalo Guerreiro de Elefante Elegante, a música orixinal é de Álex Salgueiro e o vestiario está deseñado por Diego Valeiras.
Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será que ela o consegue?
trasPediante
É un proxecto artístico galego integrado por Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Begoña Cuquejo que combina o traballo de compañía coa xestión cultural, con proxectos como o Festival Corpo(a)terra, o programa de formación Enxebre Danza ou o Adestramento Profesional en Danza Contemporánea en Santiago de Compostela.
Ficha artística e técnica
Autoría e dirección: María Torres
Coreografía: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
Elenco: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Música orixinal: Álex Salgueiro
Vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Nacho Martín
Atrezzo: Marta Mallo e Juan Lens
Distribución: Manu Lago
Produción: trasPediante
Duración: 55 minutos
Idades recomendada: + 3 anos
Axudas á creación da AGADIC – Xacobeo 2021 – Xunta de Galicia