As pezas do IV e V Torneo de Dramaturxia de Galicia e Ese silencio, de AveLina Pérez, son as novidades dramáticas de Edicións Positivas para este verán.
A Colección DiTeatro de Edicións Positivas sumou esta semana, coincidindo coa celebración do V Torneo de Dramaturxia de Galicia na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, tres novos títulos dramáticos. Trátanse das oito pezas das dúas últimas edicións do devandito torneo organizado pola MITCFC e DramaturGA, así como unha peza inédita de AveLina Pérez, titulada Ese silencio.
IV Torneo de Dramaturxia de Galicia
Tinder, de Marta Pérez
Jessi and Johnny, de Roberto Salgueiro
Wija, de María Lado
Gourmet, de Fernando Castro Paredes
V Torneo de Dramaturxia de Galicia
Utopía, de Anxo Manoel
Meniña gaiteira, de Fátima Delgado
Bombona de osíxeno, de Lorena Conde
Libertalia República Fráxil, de Carlos Santiago
Ese silencio, AveLina Pérez
Un monólogo no que Ela se dirixe directamente a Ti, sen piedade e sen tregua, procurando que as palabras agochen, por un momento, o inevitable: a visión nítida do mundo. Unha incorrección necesaria, polo menos para quen fala. Un texto ferinte, que mostra unha ferida aberta, un intento de fuxida…
Colección DiTeatro
Edicións urxentes e áxiles de libros de teatro que Positivas vén desenvolvendo desde hai anos con títulos tan destacado como: 32m2, de Esther Carrodeguas; Doppelgänger, de Paula Carballeira; Tagen Ata, de Méndez Ferrín; ou Casa de bonecas, de Henrik Ibsen, entre outros.