Organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar este martes ás 20.00 h. na sede da agrupación, sita na rúa Olmos da Coruña.
Os teatros galegos pecharon as súas portas ao público coa entrada do estado de alarma a mediados de marzo e centos as compañías víronse afectadas por esas medidas. Agora estase, aos poucos retomando a actividade. Para debater sobre a situación actual e propostas de futuro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda xunta, este martes día 22 ás 20.00 h., a Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, María Torres, vicepresidenta de Escena Galega, Eva Fórneas e Sara Fandiño, vogais da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Isabel Risco, en representación da agrupación cultural. Coordina e modera Miguel Pernas.
Para asistir, cómpre inscribirse a través do seguinte formulario.