O documento sectorial sinala que “a decisión do consistorio ourensán atende a unha xustificación política e non técnica, e non ten cabida porque entra en conflicto, primeiro, coa normativa vixente, e despois co dereito da cidadanía á cultura. En relación a esta decisión, o Concello non ten por exemplo renovado o convenio co circuíto escénico e musical promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais, a Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), nunha clara declaración de intencións sobre non programar actividade nos vindeiros meses”.
As entidades asinantes rexeitan “a determinación do equipo de goberno municipal de desatender a programación cultural da cidade. Coa súa falta de colaboración, o consistorio pon de manifesto a súa falta de sensibilidade -mais, por riba de todo, de interese- por achegar á cidadanía o abano de programación cultural que lle corresponde como dereito”.
O comunicado finaliza idicando que “as consecuencias desta decisión unilateral afectan directamente á veciñanza e supoñen unha grave eiva na programación cultural ourensá, impedindo así mesmo aos e ás profesionais do sector do espectáculo ao vivo o desenvolvemento normal da súa actividade, xa de por si moi afectada polos sucesivos peches do último ano”.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
- O Cercle Artístic convoca o Premi Born de Teatro 2026 - 09/03/2026
- O Teatro Gorrilla inicia a súa temporada de 2026 - 06/03/2026
- Paula Quintas estrea ‘ROYAL’ - 06/03/2026



