COVID-19

Diversas entidades culturais demandan a reapertura do Auditorio de Ourense

Escena Galega, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Plataforma Artes do Movemento (PAM), a Asociación de Compañías de Danza “Emprendo Danza”, a Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG), a Unión Internacional da Marioneta de Galicia (UNIMA), Músicas ao Vivo, a Academia Galega de Teatro, a Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (TESGAL) e a Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia (AFEARTE) emitiron onte, venres 12 de marzo, un comunicado no que rexeitan a decisión do Concello ourensán, liderado por Gonzalo Pérez Jácome, de manter pechado o Auditorio Municipal desde principios deste ano 2021. 

Os festivais de artes escénicas reclaman medidas especiais ante a crise

AFEARTE, a asociación que agrupa os festivais de artes escénicas de Galicia, reivindican unha serie de medidas e protocolos de actuación ás administracións públicas ante a crise sanitaria provocada pola Covid-19.   Os festivais de artes escénicas de Galicia acordaron facerlle chegar ás administracións unha serie de medidas e protocolos que consideran de especial relevancia […]