in

Os festivais de artes escénicas reclaman medidas especiais ante a crise

MostraCangas19 |
AFEARTE, a asociación que agrupa os festivais de artes escénicas de Galicia, reivindican unha serie de medidas e protocolos de actuación ás administracións públicas ante a crise sanitaria provocada pola Covid-19.

 

Os festivais de artes escénicas de Galicia acordaron facerlle chegar ás administracións unha serie de medidas e protocolos que consideran de especial relevancia para superar a crise sanitaria da COVID-19.

Solicitan coordinación e consenso entre as Administracións públicas e estar á altura das necesidades neste momento. Igualmente, pidenlles a todas as administracións, dende o ámbito local ao autonómico, “que no exercicio das súas competencias, cando sexa posible retomar as actividades culturais, faciliten tanto ao público como á organización dos festivais os recursos, a seguridade, a flexibilidade burocrática e o estímulo para poder tender a certa normalización”. Tamén piden “transparencia e ecuanimidade” aos departamentos de Cultura da Xunta de Galicia, e prega un mellor trato inclusivo e de representatividade nas reunións que se poidan levar a cabo para xestionar esta crise e dilixencia nos trámites.

Publicidade

AFEARTE considera que os festivais serán “un ben moi construtivo e desexado para a sociedade e a economía despois desta crise, como motor de reactivación”.

Ante a situación de incerteza, AFEARTE recomenda unha serie de medidas “que poden guiar o rumbo das políticas culturais con respecto aos festivais escénicos:

Publicidade
  • Manter os orzamentos destinados aos festivais e no caso de non poder levarse a cabo en 2020, incrementar en 2021 o orzamento para estas actividades estratéxicas e de estímulo diverso.
  • Adaptar tecnicamente e flexibilizar a convocatoria de axudas a festivais escénicos ás circunstancias sobrevidas por esta crise sanitaria e ser dilixentes na tramitación.
  • Ampliar o prazo de execución das axudas máis alá do exercicio económico de 2020 para ter en conta posibles aprazamentos ou modificacións do plan de actividades.
  • Axudar ou prover do marco sanitario, persoal e material, para poder desenvolver os protocolos de limpeza e sanidade necesarios para o seguro desenvolvemento da actividade mentres sexa necesario.

 

Os festivais que forman parte de AFEARTE son: MITEU Ourense; FIT Redondela, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Corpo (a) terra, MIT Ribadavia, Festaclown, Mostra de Teatro Galego de Cariño, Fetega Carballiño, Galicreques, FITO Ourense, FIOT Carballo, MOTI Ourense, Festival Núbebes, Manicómicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    GaliciaEscenaPro2019 |

    A Xunta e a asociación Escena Galega acordan aprazar a celebración do oitavo mercado Galicia Escena PRO

    Diego Valeiras

    No confín de… Diego Valeiras