in

No confín de… Diego Valeiras

Diego Valeiras
Artista plástico escénico e director de arte. Cunha carreira a medio camiño entre o teatro e o cinema, algunhas das producións teatrais nas que puidemos admirar os deseños de Diego Valeiras foron 30 e tantos ósos de Aporia Escénica, #camiños de ButacaZero ou O servidor de dous amos de Talía Teatro.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Non teño libro na mesa de noite, pero sempre teño presente Dúas bagoas por Máquina de Fina Casadelrrey. Libro que lin na adolescencia e que marcou o meu amor polos amigos, independentemente da cantidade de patas que teñan.

A túa banda sonora destes días.

Son moi ecléctico e procuro romper o status e a monotonía diaria. Paso do Casta Diva de María Callas ao Tech House. Do My baby just cares for me da grandiosa Nina Simone ao Dúo Dinámico para cantar cos veciños Resistiré.

O último filme que te impresionou.

Hai tempo que o cinema non me impresiona. Quizais Dolor y Gloria de Almodóvar. O uso que fai da plástica é sublime e os xiros perturbadores de guión, xunto co final inesperado, pechou unha peza moi interesante. Agora engancháronme os contidos das plataformas dixitais, calidade de grandes producións en sorbos de 50 min.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

O romanticismo de Caspar Friedrich en O camiñante sobre o mar de néboa. Sen dúbida sería unha paisaxe para perderse e reflexionar sobre o noso mundo. A soidade do individuo fronte á grandeza da natureza que o domina todo, incluído o home.

A peza que che gustaría dar forma.

Hai algo poético dentro de min que berra por saír, pero abáfame o poder da poesía. Para un reto así precísase maduración persoal e artística. Cando estea preparado sabereino e ese será o punto de partida.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Iuri Gagarin. Foi a primeira persoa en orbitar a Terra e ver o noso mundo no espazo infinito do universo. Tamén foi o primeiro en escapar do confinamento do planeta azul; porque, si, xa viviamos confinados antes do virus, pero non o percibiamos.

Se non foses artista plástico e director de arte, serías…

Sería é o que son actualmente. Esta pregunta chega con vinte anos de atraso. Pouca xente sabe o que vou confesar agora: antes de ser quen son fun enólogo, capataz agrónomo e repartidor de pizzas, entre outras cousas. Sempre quixen ser o que son agora.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MostraCangas19 |

Os festivais de artes escénicas reclaman medidas especiais ante a crise

Feijoo |

A Xunta anuncia un Plan de Reactivación para a cultura pero non dá a coñecer os detalles