in

Abismo Caracol estrea ‘Entelequias’ na Coruña

Entelequias Abismo Caracol
Fotografía de Cris Andina

A produtora teatral e audiovisual Abismo Caracol estrea a súa nova obra, Entelequias, este xoves 18 de marzo no Fórum Metropolitano da Coruña. As entradas, con aforo reducido, xa están á venda na billeteira do teatro.

Entelequias, peza teatral escrita por Darío Autrán para a súa compañía Abismo Caracol, subirá o pano do Fórum Metropolitano da Coruña este xoves 18 de marzo. A montaxe estréase oficialmente un ano despois da súa presentación pública, deslucida pola pandemia da COVID-19 e o posterior confinamento.

En escena, xunto ao propio Autrán, están as actrices Nerea Brey e Sabela Hermida, baixo a dirección de Xosé Leis. A proposta presenta unha estética elegante que leva o texto de Autrán a lugares afastados da realidade, a medio camiño entre o sono a vixilia. A montaxe de Leis xoga con varios planos escénicos nos que a iluminación ten un papel fundamental na procura dun realismo sucio.

Toni, un escritor fracasado e recentemente divorciado, recibe unha carta dos servizos sociais anunciándolle que a súa irmá, falecida hai dez anos, está viva. Toni terá que mergullarse no seu pasado para averiguar a verdade do acontecido, aínda que “a procura da identidade soamente causa tristeza”.

Entelequias estará, tamén, o próximo día 28 de Marzo na Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada.


Publicidade

Ficha artística e técnica

Director: Xosé Leis
Texto: Darío Autrán
Elenco: Darío Autrán, Nerea Brey, Sabela Hermida
Espazo sonoro: Abismo Caracol
Espazo escénico: Xosé Leis
Deseño de iluminación: Abismo Caracol
Produción: Abismo Caracol

Entelequias
Fotografía de Cris Andina

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O Charco de Ulises

O charco de Ulises

Salvador

Salvador