in

ArtesaCía estrea ‘Illas Desertas’ en Tui

Illas Desertas ArtesaCía
Fotografía de Pedro Tizón

A última produción da compañía transmedia formada por Laura Villaverde e Roi Fernández preséntase o martes 23 e o mércores 24 de marzo no Teatro Municipal de Tui ás 19.30 h.

Cal foi a túa última experiencia inútil? Laura Villaverde e Roi Fernández, ou o que é o mesmo, ArtesaCía, desenvolven a súa nova montaxe arredor desta cuestión. Illas Desertas, que se estrea este martes 23 de marzo no Teatro Municipal de Tui, é, en palabras da compañía, “unha experiencia inútil, unha travesía cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil”.

A peza, ancorada nas narrativas transmedia e na poesía visual, foi presentada a finais do ano 2019 na Sala Ingrávida do Porriño despois dun proceso de traballo no desparecido espazo. Agora, tras ser beneficiaria das axudas á creación da AGADIC e formar parte das Residencias Paraíso do Colectivo RPM na edición de 2018, Illas Desertas muda de pel neste 2021 tralo parón obrigado polo estado de alarma e os cambios sociais derivados da pandemia.


Publicidade

Illas Desertas

Á Feira Edicións, selo editorial da compañía Feira do Leste, está a piques de sacar á venda unha coidada edición dos textos que conforman Illas Desertas acompañados de imaxes do novo espectáculo de ArtesaCía.

Illas Desertas pretende habitar, abrir, reencontrarse con eses terrirorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír fóra, cando nace dentro de nós esa sensación de baleiro que o material non pode encher. Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia: a fallida volta ao mundo polo ecuador da aviadora Amelia Earhart, e a expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a peza está tinguida da súa transmisión cultural, do seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles. Cal foi a túa última experiencia inútil?

Equipo técnico e artístico

Illas Desertas, escrita e dirixida por ArtesaCía

Textos: Sebastián Álvaro
En escena: Laura Villaverde, Roi Fernández, Héctor Pazos e Susana Méndez 
Vestiario, caracterización e escenografía: Esther Quintas e Artesacía
Cinema en directo: Roi Fernández
Música e iluminación: Héctor Pazos
Técnica: Susana Méndez
Produción: Laura villaverde
Distribución: Urdime
Colaboración tecnolóxica: La Fura Dels Baus 
Apoios: Urdime, AGADIC, Fundación Épica La Fura dels Baus, Sebastián Álvaro, Concello de Tui, Comunidade de Montes de Guillarei, Sala Ingrávida, Xunta de Galicia, Colectivo RPM

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Atlântico Tiago Cadete

Atlântico

Las dos en punto | Voaxa e Carmín

‘Las dos en punto’: As Marías volven camiñar na versión en castelán de ‘Voaxa e Carmín’