in

‘Las dos en punto’: As Marías volven camiñar na versión en castelán de ‘Voaxa e Carmín’

Las dos en punto | Voaxa e Carmín
Foto de Jesus Ugalde

O Teatro Español do Ayuntamiento de Madrid recupera o texto de Esther F. Carrodeguas nunha montaxe dirixida por Natalia Menéndez e con Mona Martínez e Carmen Barrantes como As Marías. Poderá verse dende o 22 de abril ata o 23 de maio nas Naves del Español.

Las dos en punto, versión en castelán da popular obra Voaxa e Carmín, “é un exercicio de xustiza poética que se suma a outros moitos que foron dando luz á vida das coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela” di a autora na presentación desta versión, na que tamén defende que “xa é hora de ir chamando as Marías polo seus nomes e apelidos: Fandiño Ricart”.

O texto de Carrodeguas recolle as andainas durante unha noite de Coralia Fandiño Ricart e a súa irmá Maruxa, mulleres represaliadas polo fascismo e sometidas pola sociedade que as sinalaba como mulleres tolas. O texto foi gañador do Premio Abrente de Textos Teatrais 2015 e nomeado nos María Casares como mellor texto orixinal.

Publicidade

En Galicia, a obra foi posta sobre ás táboas por ButacaZero e contou con Mabel Rivera e Belén Constenla no papel das Marías. A xira percorreu Galicia con enorme éxito do público.

Ficha artística

Dirección: Natalia Menéndez
Autora: Esther F. Carrodeguas
Reparto: Mona Martínez Y Carmen Barrantes
Escenografía Y Vestuario: Elisa Sanz (AAPEE)
Ayudante De Escenografía Y Vestuario: Lua Quiroga Paúl (AAPEE)
Diseño De Iluminación: Juanjo Llorens (AAI)
Ayudante De Iluminación: Rodrigo Ortega (AAI)
Diseño Videoescena: Álvaro Luna (AAI)
Ayudante De Videoescena: Elvira Ruiz Zurita
Espacio Sonoro: Ana Villa Y Juanjo Valmorisco
Música: Ana Villa
Movimiento Escénico Y De Actrices: Mónica Runde (10&10)
Ayudante De Dirección: Pilar Valenciano

Una Coproducción Del Teatro Español Y Octubre Producciones

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Illas Desertas ArtesaCía

ArtesaCía estrea ‘Illas Desertas’ en Tui

Colectivo Glovo EM·NA

Colectivo Glovo presenta no Ensalle ‘EM·NA’, a súa nova peza