A aparición de novas e novos dramaturgos, con ampla formación e con linguaxes innovadoras para a escena galega, está a consolidar unha nova xeración de autoras e autores recoñecidos dentro e fóra de Galicia, que deben enfrontar graves eivas no eido da publicación e difusión da súas creacións.
Etiqueta: Feira do Leste
ArtesaCía estrea ‘Illas Desertas’ en Tui
llas Desertas, de ArtesaCía, pretende habitar, abrir, reencontrarse con eses terrirorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír fóra, cando nace dentro de nós esa sensación de baleiro que o material non pode encher. Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia: a fallida volta ao mundo polo ecuador da aviadora Amelia Earhart, e a expedición antártica do explorador Ernest Shackleton.
O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual consolídase na terceira edición
O proxecto editorial da compañía Feira do Leste, permitiu a publicación das obras de 6 autores galegos nos últimos tres anos. O prazo de presentación é do 7 de xaneiro ao 26 de marzo de 2021.
Fernando Castro Paredes gaña o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual
A peza Ofelia ou o cabeiro da cóbrega destaca sobre as 21 obras recibidas nesta segunda edición, consolidando o certame. O II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual concede o seu premio ao escritor e docente Fernando Castro Paredes coa obra Ofelia ou o cabeiro da cóbrega. O xurado, conformado pola directora teatral e […]
Convocado o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual
A compañía Feira do Leste vén de publicar as bases do II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, que pechará o prazo de presentación o vindeiro 15 de novembro. Segundo a compañía, a aparición de novos dramaturgos con ampla formación e con linguaxes innovadoras para o panorama teatral galego, está a consolidar unha nova xeración […]
Miguel Sande gaña o I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual
O certame está organizado pola compañía viguesa Feira do Leste e conta co apoio da Deputación de Pontevedra O I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual concede o seu premio ao escritor e xornalista galego Miguel Sande coa obra A enterradora (blogue). O xurado, conformado pola directora teatral Cristina Domínguez, a actriz Areta Bolado […]
Unha nova montaxe de Valle centra a nova temporada do CDG
#camiños de ButacaZero, Arnoia, Arnoia de Pistacatro e Anarquismos de Pablo Fidalgo súmanse á xa estreada Elisa e Marcela de A Panadaría como coproducións da temporada 2017-2018 O Centro Dramático Galego (CDG), a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, presentou hoxe as actividades que asentan a súa temporada 2017-2018, coa estrea o 12 […]
Tras Tannhäuser
Á fin os mozos tomaron os teatros Tras Tannhäuser ten todas as cousas boas das compañías novas cargadas da paixón dos artistas mozos. E tamén ten todos os problemas que se derivan da mesma circunstancia. É, por iso, un espectáculo interesante no que prima a experimentación e o saber facer propio dun equipo formadísimo […]