'Pioneiras | The Power of Women'. Fotos de Blanca Razquin

Pioneiras

Pioneiras/The Power of Women, unha peza ideada e coreografada polo tamén vigués Xián Martínez, un novísimo bailarín que tivo que marchar a formarse a Madrid e alí xuntou un grupo de colaboradorxs cos que naceu iXa, a compañía na que se xestou esta peza e as outras dúas que compoñen a triloxía coa que exploran o universo feminino e feminista: Inmarcesible e Raíñas.

Festina Lente

Festina Lente

Máis aló de todas as interpretacións posibles, o bo traballo dramatúrxico de Festina Lente permite saber con certeza que hai un desexo: Sentirse no mesmo espazo e compartir vibras. En varias ocasións elas deixan de estar xuntas. Por exemplo, a mediados da peza a luz treme, unha se separa e a outra impídello, da man, e parece que ningunha sabe onde están, impedindo que a dinámica que construíran continúe, algo vai mal e se escoita un son branco estrano e un pouco incómodo. Logo todo volve a ser como antes, festivo, con movementos de cadeira marcados, certo descontrol, etc., pero, continuando co ciclo, se dá un novo impedimento, e robotízanse lixeiramente, segméntase o corpo aínda enérxico, e volven a darse de conta de que están separadas e deben procurarse e darse a man, o cal semella unha tarefa imposible. Por sorte, moitas veces puideron disfrutar a unha da outra, case de xeito ritual, mostrando un ensaio teórico-escénico sobre a experiencia de estar xunto a outres, experimentando pola quinosfera propia e allea.

Bones

Any attempt will end in crushed bodies and shattered bones

Asistimos en Any attempt will end in crushed bodies and shattered bones a unha sucesión de tentativas, de movementos que apenas se inician convértense xa en remuíños de reiteración constante, dos que xs bailarínxs xa non poden fuxir e que se acumulan na retina dx espectador/x grazas ás incesantes repeticións que dos mesmos movementos fan outrxs bailarínxs. Os remuíños van ademais acompasados polo bucle sonoro do Concerto para Clave e Corda Op. 40 de Henryk Gorécki, música que de tanto volver unha e outra vez acaba por entrar nos miolos do público e ficar aí por longo tempo, tamén repetida en bucle.

'La Bella Otero' do Ballet Nacional de España. Foto María Alperi

A Bella Otero do Ballet Nacional

O biopic de dúas horas faise excesivamente longo. Seguimos sen descubrir quen foi Carolina Otero, raíña pop da Belle Époque, artista francesa de acollida, bailarina exótica emigrante que decidiu mudar a súa pertenza de Valga a Cádiz. Hai modas que sempre volven. A Otero finxiu un marcado acento andaluz, modo de ocultación persistente que aínda hoxe escoitamos con diversos acentos imposibles nas capitais.

Elvedon

Elvedon

A onda vén e vai, seguindo un ritmo permanente que nos leva á idea do fluír. Este é un dos conceptos que dirixe Elvedon, peza estreada no 2015 e que, por primeira vez, puidemos ver no Estado grazas ao esforzo da organización da MIT de Ribadavia. O fluír lévanos á idea da vida, un movemento no que nos vemos inseridxs dende que nacemos e ata a nosa fin. Semella que non hai moito que facer neste ir e vir continuo, mais que deixarse levar polo mesmo. Pero os seres humanos facemos algo que impide o noso fluír natural coa vida. Pelexamos con el, tentamos dobregalo, controlalo, poñémoslle canles e encoros ao tempo que sentímo-lo degoiro de volver a deixarnos levar polo natural. O ritmo vital pode ser tan poderoso, que non nos deamos conta da necesidade de pausa, de parada, de descanso.

Omma

Omma

Os oito bailarinos africanos de Omma do Josef Nadj congregam os seus oito fôlegos numa reunião com muita terra e muita raiz. Tanta quanto poderiam até figurar um ajuntamento de deuses dançantes. Mas não são deuses, são homens que gritam, que cantam, que se agitam aos ritmos arcaicos de possíveis rituais. Homens negros de fato preto que despem o seu ser no estar dançante.