Xaquín Núñez Sabarís
Profesor da Escola de Letras, Artes e Ciências Humanas da Universidade do Minho, onde imparte docencia na licenciatura de Teatro. É membro do Grupo de Investigación en Identidade(s) e Intermedialidade(s) e co-director da revista homónima (https://revistas.uminho.pt/index.php/2i). É investigador, divulgador cultural e crítico literario e teatral. No eido do teatro ten publicado traballos sobre Ramón del Valle-Inclán, Roberto Vidal Bolaño, o teatro galego e as relación escénicas entre Galicia e Portugal. En 2019 gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio co estudo Cartografías da narrativa galega contemporánea (2020). Máis información en: https://www.cienciavitae.pt/portal/en/551E-DF07-8ACB