in

Javier Martín inicia o programa de Residencias Paraíso con “Método negro”

JAVIER MARTIN 15 recortada |

O coreógrafo abre na Coruña o programa de Residencias Paraíso 2018. |Foto: Carlos Bernar|

 

O Teatro Colón de A Coruña acolle desde o luns 26 de marzo e durante dúas semanas consecutivas o proxecto de investigación en comunidade e a residencia técnica de Método negro, do coreógrafo Javier Martín. A iniciativa, impulsada desde o Colectivo RPM enmárcase no programa de residencias artísticas Paraíso 2018

Dentro das actividades públicas da residencia, Javier Martín dedicará dúas xornadas para abrir seu código de traballo ao público a través de diversas accións expandidas que ofrecerán a oportunidade de coñecer de cerca tanto ao artista como a súa obra. Deste xeito, o creador mostrará fragmentos e escenas que conformarán a peza mediante o relato a través de vídeos, textos e obxectos que a conforman.

O calendario das sesións abertas ao público no Teatro Colón está marcado para os días 4 e 5 de abril a partir das 20.00 horas. O mércores 4 de abril, a sesión ofrecerá unha aproximación a Método negro tomando como foco a coreografía. A proposta inclúe un debate posterior coa asistencia do alumnado da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña que participou no deseño da escenografía. De igual modo, o xoves 5 de abril, a segunda aproximación a Método negro centrarase no mapa do proceso e a teoría con el relacionada, sumando un debate posterior que concluirá coa proxección de Quiasma, filme de Tono Mejuto realizado a partir do traballo de Martín.

 


Publicidade

Javier Martín

Javier Martín desenvolve un proxecto de investigación ao redor das artes do movemento que atopa as súas fugas na creación de discurso e a súa aplicación, a escrita, o desenvolvemento de seminarios de corte práctico, conferencias-performativas, procesos de obra acompañados de obradoiros do espectador, a activación e o desenvolvemento de grupos de investigación, o acompañamento de itinerarios formativos en distintas universidades e, como motor de todo, a creación de espectáculos.

Nas súas orixes, Javier Martín foi artista residente no Teatro Galán de Compostela (2005). Desde entón, estreou máis de 30 pezas como la exforma, el antiedipo, control ou metopio, traballando en España, Francia, Rusia, Portugal, México e Ucrania. Realiza ponencias e participa en encontros sobre a performatividade aplicada a contextos non especificamente artísticos en diferentes congresos, universidades, mostras e laboratorios relacionados coas artes do movemento. Recentemente, foi artista residente en L’animal a l’esquena, Girona; EIRA (Lisboa); Kannon Dance House (San Petersburgo); Centro de Danza Canal (Madrid); Museo Universidad de Navarra. Presentou os seus últimos proxectos en UNAM e Museo del Chopo (México); GogolFest (Kiev); Teatro Alexandrinsky (San Petersburgo); CCCB (Barcelona); Theatro Circo (Braga); Museo Pompidou (Málaga) ou Museo Reina Sofía (Madrid), entre outros teatros e centros de arte.

A estrea de Método negro terá lugar o 12 de maio no Teatro Rosalía de A Coruña. O equipo artístico está formado por Javier Martín (creación, movemento, concepto, escenografía e textos), Octavio Más (luz), Sabela Mendoza (asistencia de dirección), Marieta González e Manolo Cremallera (vestiario e traballo plástico), Carlos Bernar (fotografía).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MITEU |

Nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

auditorium |

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda convoca o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle