in

Marlene Montero Freitas e Martin Crimp no TNSJ do Porto

@TunaTNsj |

Cattivo

A convite da BoCA –Biennial of Contemporary Arts–, un conxunto de performers reúnese para unha estrea mundial no Mosteiro de São Bento da Vitória. Entre 10 e 18 de abril, no Mosteiro de São Bento da Vitória do Porto, Cattivo xunta Marlene Monteiro Freitas, Yannick Fouassier, Tiago Cerqueira, Miguel Figueira e André Calado nunha instalación para atrís de partituras e outros materiais.

No espectáculo – unha coprodución do São Luiz Teatro Municipal, Wiener Festwochen e o TNSJ – explóranse as propiedades expresivas dos atrís, que teñen a capacidade de encarnar estados emocionais e tomar decisións.

En estrea mundial, Cattivo é unha instalación sui generis. Elixindo os atrís de partituras como obxectos de investigación expressiva, a equipa de artistas formada por Marlene Monteiro Freitas – coreógrafa que xa traballara con eles en Bacantes (2017), e detentora do primeiro León de Prata da Bienal de Venecia outorgado a un coreógrafo en Portugal –, André Calado, Miguel Figueira, Tiago Cerqueira e Yannick Fouassier extrae delas toda unha potencia de significados. En canto corpos desdobrábeis (descompoñíbeis ou extensíbeis en partes diversas) e metamórficos, construídos a semellanza do animal ou do home, os atrís convidan a unha manipulación que os faga transcender a funcionalidade inmediatamente asociada á música. Cando son intencionalmente manipuladas, como en Cattivo, liberadas do seu estatuto de obxecto de pedestal, os atrís revélanse como entidades propias, expresando todo un conxunto inusitado de cualidades zoo/antropomórficas. Capaces de se poñer en escena a si mesmos, encarnando estados emocionais e tomando decisións, amósansese tamén como comunidade sinfónica, expresando unha (sinistra) multiplicidade rítmica e melódica.

Instalación que tanto remite á idea de escena, como de xardín, ou de casa de bonecas, entre outras, Cattivo sitúase “entre o vexetal, o animal e o mundo da fantasía”.

 

O resto já devem conhecer do cinema, de Martin Crimp


Publicidade

Ademais, esta é a última fin de semana para asistir ás funcións de O Resto Já Devem Conhecer do Cinema, de Martin Crimp, dirixida por Nuno Carinhas e Fernando Mora Ramos.

Crimp regressou à Antiguidade Clássica para reescrever Fenícias, de Eurípides, pero O Resto Já Devem Conhecer do Cinema non é unha operación de resgate cultural nin un acto de nostalxia. Nun xesto largo e poderoso, Crimp convocou diferentes tempos e linguaxes, o arcaico e o hipertecnolóxico, as portas de Tebas e os portais da Internet, a agulla quente que cegou Edipo e a agulla na célula humana á procura do código xenético.

Digamos que o asunto aqui é a memoria, a memoria do mundo e a memoria do teatro, o que precisamos de esquecer e o que precisamos de lembrar para seguir adiante, a incapacidade de dividir o poder, a persistencia do mal, a necesidade da política.

Os directores Nuno Carinhas e Fernando Mora Ramos colocaron a peza nun lugar metálico, ten duro, brillante e cortante como as palabras do dramaturgo inglés. Unha paisaxe industrial que é ao final un anfiteatro, espazo por excelencia da “grega inquedanza”, onde viven as imaxes que se dicem e non as imaxes que se mostran, teatro da palabra e da pregunta. Di Antígona: “Para de me facer preguntas!” Di Edipo: “Que mal hai en facerte preguntas?”

Hoxe e o sábado ás 19:00, xoves e venres ás 21:00 e domingo ás 16:00, no Teatro Nacional São João.

 

Foto @Tuna | TNSJ

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Neorretrancaposmorriña2 |

O CDG estrea ‘Neorretranca e posmorriña’

Jesuisnarcissiste03 |

‘Je suis narcissiste’, a ópera dirixida por Marta Pazos, chega ao Teatre Lliure