in

No confín de… Ailén Kendelman

Ailén Kendelman
Música, actriz e compositora. Membro d’A Panadaría xunto a Noelia Castro e Areta Bolado. Ademais de súa faceta como intérprete nos espectáculos da compañía, Kendelman é a encargada das composición musicais. As cancións e ritmos de Pan! Pan!, Panamericana e Elisa e Marcela son un dos selos inconfundíbeis das panadeiras. Forma parte do conxunto musical de ficción Áureas (Premio Martín Códax da Música 2017), no que voces, cordas, ventos e percusións recrean a historia dunha banda de mulleres migrantes dos anos 20.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Ter teño varios, outra cousa é que consiga lelos. Nestes tempos que corren leo máis dende o móbil que nun libro (moi ao meu pesar), e o que máis son artigos relacionados co coronavirus: como mellorar o sistema inmune para que non te ataque, o ben que está o planeta con tanto humano na casa, as mulleres que teñen que convivir co seu agresor, e un longo etcétera.

De todos os xeitos, son romántica e teño tres libros ao ladiño xusto da cama: El bebé verde de Rebeca Marrero, Pensamiento monógamo, terror poliamoroso de Brigitte Vasallo e Música de mierda de Carl Wilson. Tamén levo a todas as partes da casa un libro de cancións de Violeta Parra, e estes días relín o poema de Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro. Que dureza de palabras, e que forza ten!

A túa banda sonora destes días.

Non é por ser egocéntrica (ou si), pero estou aprendendo acordeón dende hai uns meses e no confinamento estou tocando bastante, así que parte da miña banda sonora son as pezas que ando estudando. Tamén estiven escoitando bastante Pascuala Ilabaca y Fauna, Pedro Guerra, Mayra Andrade, MJ Pérez e Flow do Toxo. Pero recoñezo que gozo moito do silencio. Nestes tempos nos que todo é acumulación de estímulos –visuais e auditivos, sobre todo–, a min gústame parar a máquina e baixar os decibelios. Parece que lle estou facendo unha oda a John Cage e á súa obra 4’33’‘.

O último filme que te impresionou.

El Hoyo de Galder Gaztelu-Urrutia, Las herederas de Marcelo Martinessi e Parasitos de Bong Joon-ho. Por que só teño directores homes?

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Nunha vídeocreación de Bill Viola. Ou nunha escultura hiperrealista de Ron Mueck. Por que outra vez só me viñeron á cabeza nomes de homes?

A peza que che gustaría facer.

Agora mesmo o que me gustaría sería poder interpretar, dirixir, tocar, etc. Con iso chegaríame. E refírome a facelo fóra da casa e sen videoconferencias polo medio.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Máis que unha caña, compartiría un bo xantar. Son máis de comer que de beber, por algo son panadeira! Faría unha xuntanza gastronómica con Rocío Jurado, Lola Flores, Lina Morgan e todas as mulleronas que se quixeran sumar. Despois de papar viría a foliada e a cousa remataría facendo unha fusión marabillosa de música galega con copla, flamenco, clown… E todo o que vos poidades imaxinar.

Se non foses actriz, serías…

Mmm… Se tivese 18 anos diría que médica porque daquela estaba decidida a selo. Hoxe digo que a opción realista sería a de mestra de música e a opción máis fantasiosa sería a de activista a tempo completo.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carlos Labraña

No confín de… Carlos Labraña

Mariana Carballal

No confín de… Mariana Carballal