in , ,

AdoroAdoro

Os galegos candidatos nos Premios Max 2023

Tras esta primeira selección, un xurado escollerá as candidaturas finalistas que optarán aos Premios Max 2023

premios max 2023

Case unha vintena de profesionais das artes escénicas galegas soñan con alzarse o vindeiro 17 de abril en Cádiz cun dos Premios Max que se entregará nunha gala na cidade andaluza.

A SGAE, organizadora dos premios, deu a coñecer este mércores a lista de aspirantes que poderán ser definitivas. Un total de 168 espectáculos dos 529 inscritos no certame, récord para o Max, foron seleccionados para participar como candidatos. A comisión de selección desta primeira fase estivo integrada polos tres xurados territoriais (Madrid, Cataluña e Comunidades), que á súa vez foron designados polo Comité Organizador.

Tras esta primeira fase de selección, un tribunal formado polos tres presidentes dos xurados territoriais e catro personalidades das Artes Escénicas, será o encargado de decidir os finalistas das 20 categorías que compiten na XXVI edición dos Premios Max do Artes escénicas.

Galicia, moi presente nos Premios Max 2023

Na categoría de mellor espectáculo de teatro, a presenza galega vén da man do CDG e a produción Ás oito da tarde, cando morren as nais, dirixida por Marta Pazos e que tamén está nomeada na categoría de mellor adaptación e mellor dirección de escena. A montaxe da obra de Avelina Pérez tamén conta coa candidatura de Blanca Añón a mellor deseño de espazo escénico e Pier Paolo Alvaro a mellor vestiario.

Ás oito da tarde, cando morren as nais
Ás oito da tarde, cando morren as nais. Foto: Miramemira

A peste do CDG, tamén opta a mellor adaptación e mellor dirección para Cándido Pazó, así como a mellor deseño de espazo escénico para Dani Trillo e mellor vestiario para Martina Cambeiro.

A obra Supernormales, produción do Centro Dramático Nacional e escrita pola rianxeira Esther F. Carrodeguas está tamén nomeada a mellor espectáculo de teatro. Carrodeguas opta tamén a mellor autoría teatral por esta obra que formou parte das residencias dramatúrxicas do CDN.


Publicidade

A obra documental e de memoria histórica, O péndulo, escrita por Marta Pérez e Ernesto Is, podería conseguir o Premio Max a mellor autoría teatral. Montaxe nomeada tamén na categoría de mellor deseño de iluminación para Carlos Álvarez-Ossorio.

Butacazero e a súa ópera electrónica, Papagena opta a mellor espectáculo musical ou lírico. A montaxe con libreto de Iago Hermo, dirixida por Xavier Castiñeira, concorre tamén na categoría de mellor labor de produción.

Papagena butacazero opera
‘Papagena’, ópera electrónica de ButacaZero e Iago Hermo.

A actriz Patricia Vázquez recibe unha candidatura a mellor actriz pola obra O porco de pé de Producións Teatrais Excéntricas e Josito Porto a mellor actor por Smoke on the water de Ibuprofeno.

A cazola de Lola de Tanxarina opta a mellor espectáculo para público infantil, xuvenil e familiar.

A danza galega nos Premios Max

A danza con selo galego tamén ten oco nas candidaturas aos Premios Max 2023. Nova Galega de Danza e o espectáculo Credo opta a mellor espectáculo de rúa, a mellor deseño de iluminación para Antón Cabado e a mellor intérprete de danza feminino e masculino para Inés Vieites e Ricardo Fernández respectivamente.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Bandera Trans

Casting transfake

Premios María Casares 2022

Un total de 36 espectáculos optan aos Premios María Casares 2023