FITO de Ourense
En 2008 nace o FITO, Festival Internacional de Teatro de Ourense. O FITO de Ourense constitúe xa un referente entre os principais festivais galegos. Compañías galegas, nacionais e internacionais visitan Ourense nos primeiros días do outono para compartir escenarios, repartidos nos diferentes espazos e amosando o seu traballo artístico aos espectadores. A organización corre a cargo da compañía Sarabela Teatro.
Dentro da liña de programación oficial, o FITO celebra o encontro de Mulleres Creando, con profesionais galegas e estranxeiras do ámbito da cultura e das artes. Mulleres que programan, mulleres que danzan, que interpretan, mulleres que crean un mundo máis igualitario.