in , ,

O FITO de Ourense arranca a súa 15ª edición

A programación estenderase ata o 23 de outubro

Alma de tigre
'Alma de tigre', de Elefante elegante. Imaxe de Vanessa Rábade

O Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, comeza hoxe a súa 15ª edición. O Teatro Principal acolle esta noite unha función da peza As que limpan, da compañía A Panadería, abrindo unha programación que se estenderá ata o 23 de outubro.

O festival inclúe 10 espectáculos, 9 de sala, das compañías A Panadaría,Teatro Art’Imagem, Elefante Elegante, Circo Chosco, Barrosanta, Cía. Uxía Morán, Mofa e Befa, Sutottos e Ibuprofeno;  e un de rúa da compañía A run run; así como a segunda edición do 67 Graos Ourense Fervescénica, que acollerá a estrea absoluta de varias pezas escénicas de pequeno formato. Os espectáculos de sala presentaranse no Teatro Principal, agás Raggazzo, de Barrosanta, cuxa función se desenvolverá no Patio dos Maristas. Ademais, o FITO tamén acollerá a presentación de dúas novas publicacións: a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo, editado pola Cena Lusófona (Associação Portuguesa para o Intercambio Teatral); e Pandrama, de Afonso Becerra.

Unha edición “reivindicativa”

Fina Calleja, dende a dirección do festival, presentou así esta 15ª edición: “Pretendemos pór en pé un novo FITO, que procurará tinguir dunha connotación reivindicativa que dea conta da efervescencia creativa da nosa comunidade, dos artistas e das empresas que de xeito proactivo buscan ocupar o espazo que lles corresponde como axentes dinamizadores e de crecemento sostible da súa comunidade fronte a aqueles que pretenden relegalos ao que, baixo unha lectura intencionadamente reducionista, se deu en chamar o “sector do entretemento”. Este novo FITO, que cumprirá quince escintilantes edicións, é o resultado do compromiso coas artes escénicas e cos cidadáns de Ourense, un compromiso que se mantén buscando e reclamando de seu un espazo e un lugar; una voz propia”.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A arte do extraescolar

A arte do extraescolar

acesibilidade cultura

Xunta e UVigo lanzan unha app para crear información accesible dos eventos culturais