in ,

O FITO inaugura hoxe a súa 16ª edición

A programación desenvolverase ata o 22 de outubro

Buenas Noches Europa Animasur
'Buenas Noches Europa', de Animasur

A décimo sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, arranca hoxe, cunha programación que se desenvolverá ata o domingo 22 de outubro. A partir das 12 e media, Arun Run tomará el entorno del Parque de San Lázaro para presentar a súa acción Gravidade Cero, cunha proposta que convida ás persoas ourensás e visitantes a participar, coñecer a programación do festival e  adentrarse nas tripas do teatro para  rematar sentíndose un actor ou unha actriz máis. Pola tarde, a partir das 18.30 horas, a praza de San Martiño converterase nun escenario de teatro co espectáculo gratuíto «Buenas Noches Europa», a cargo da compañía Animasur, procedente de Granada.

Buenas Noches Europa, finalista na edición dos Premios Max 2022 como Mellor espectáculo de rúa, é un traballo que debuxa unha reflexión poética e dramática sobre a condición da persoa migrante na actualidade. A peza explora a difícil viaxe dun grupo de persoas obrigadas a migrar pola guerra, abandonando todo o que coñecían da súa vida.

O programa da primeira xornada do FITO complétase coa exhibición ás 21.00 horas no Liceo de Ourense do espectáculo Corredoiras asfaltadas, de Quico Cadaval, quen levará ao escenario do salón nobre un espectáculo unipersoal “a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaré literario”.

Programa completo

A partir do día 12 de outubro

12.30 h. NAS RÚAS DA CIDADE
COMPAÑÍA: A RUN RUN (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Gravidade Cero!

Xoves 12

18.30 h. PRAZA DE SAN MARTIÑO
COMPAÑÍA: ANIMASUR (GRANADA)
ESPECTÁCULO: Buenas noches Europa

21.00 h. LICEO
COMPAÑÍA: QUICO CADAVAL (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Corredoiras asfaltadas

Venres 13

20.00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: CONTRAPRODUCIÓNS (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Entrega en man

Sábado 14


Publicidade

20.00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: A FEROZ (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Frío

Domingo 15

19.00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: REDRUM (GALICIA)
ESPECTÁCULO: O pequeno poni

Martes 17

20.30 h. CASA DA CULTURA «MANUEL MARÍA» BARBADÁS
67 GRAOS OURENSE FERVESCÉNICA
ESPECTÁCULO: Bolsas de creación do FITO

Mércores 18

20.30 h. CASA DA CULTURA «MANUEL MARÍA» BARBADÁS
COMPAÑÍA: DADO (ALEMAÑA)
ESPECTÁCULO: Esperando a Dado

Xoves 19

20.00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ESCOLA DA NOITE (PORTUGAL)
ESPECTÁCULO: O homem no caminho

21.00 h. LICEO
COMPAÑÍA: NATALIA OUTEIRO «PAJARITO» (GALCIA)
ESPECTÁCULO: Isolada

Venres 20
20.00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: MARTA ALONSO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Sofá

Domingo 22

19.00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: INDA PEREDA (CATALUÑA)
ESPECTÁCULO: A viaxe do heroe

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

É MEU AMIGO © Vanessa Rábade

O FIOT de Carballo acolla a estrea do espectáculo inclusivo ‘É meu amigo!’

IRIBARNE © Geraldine Leloutre

ButacaZero estrea ‘Iribarne’ no teatro Valle-Inclán de Madrid