in , ,

O FITO inicia hoxe a súa “edición de resistencia”

chola1 |

O 12º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) arranca no Teatro Principal de Ourense coa obra La voz dormida, de Euroscena (Salvador Collado), compañía procedente de Madrid. Despois da incerteza creada dende que o Concello de Ourense anunciara a retirada de axudas ao encontro, a compañía Sarabela consegue manter a continuidade do festival cunha “programación fiel á das anteriores edicións e coa vontade de servizo á cidade de Ourense”.

A peza que inicia o programa, explican os seus responsables, nace da man da escritora española Dulce Chacón e ambiéntase na posguerra española, concretamente “nun grupo de mulleres apresadas na madrileña prisión de Ventas que enarbora a bandeira da dignidade e o coraxe, como única arma posible para enfrontarse á humillación, a tortura e a morte”.

Con esta representación arranca unha edición que se prolongará ata o 27 de outubro contando nesta ocasión co apoio económico da Deputación de Ourense, da Agadic e do campus de Ourense da Universidade de Vigo.

A programación continuará mañá, tamén no Teatro Principal, con La miel es más dulce que la sangre, da compañía colombiana L’Explose. Trátase, indican desde a compañía, dunha peza que se somerxe no universo de Lorca “para reunir ao autor e á súa obra nun mesmo plano da realidade”.


Publicidade

O terceiro día de festival, o día 25, a programación cambia de lugar para levar á na rúa o espectáculo da compañía de circo-teatro Tresperté, de Andalucía, Oopart, e continuará ás 21:00 no campus coa representación Chola a it girl, da compañía galega Artesa. Nesta última obra, “debido á repercusión mediática que Chola ten coa súa canle de Youtube é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro titorial en directo, no que revelará en dez sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira it girl rectificada: o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia”, explican os responsables da peza.

O sábado e domingo a programación volverá ao Teatro Principal coa representación respectivamente de Hemos venido a darlo todo, do grupo galego Voadora, e Generación Why, de Teatro en Vilo. A primeira destas pezas é “un espectáculo con música en directo composta a partir dos sons que o home mandou ao espazo no 1977 nun disco de ouro” e a segunda achégase ás “esperanzas, ambicións e medos dunha xeración abrumada pola altura dos seus soños e expectativas”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OElecto©VanessaRabade |

Contraproducións presenta ‘O electo’ en Carballo

FefaNoia |

Fefa Noia preside a comisión que escollerá á persoa que a substituirá á fronte do CDG