in , ,

Sarabela: “A continuidade do FITO non está garantida”

SarabelaSaramago |
| Manuel Xestoso |
| Foto: Ovidio Aldegunde |

 

Despois da decisión do Concello de Ourense de non apoiar economicamente ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), a compañía Sarabela Teatro compareceu onte ante a prensa para analizar a situación do Festival e para debullar datos que informan sobre o traballo realizado nos últimos anos e que desmenten a idea –insinuada polo Concello– de que a compañía se lucra co Festival.

Os compoñentes de Sarabela cren que a decisión do Concello se corresponde coa falta dun plan estratéxico de cultura para a cidade, unha ausencia que propiciou a desaparición de outras moitas citas ben arraigadas na cidade: as Xornadas de Banda Deseñada, o Outono Fotográfico ou a Bienal de Gravado.

Publicidade

“A perda do patrimonio cultural é festexada baixo un argumento dunha rendibilidade económica que semella achegarse aos criterios de precariedade”. Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Fina Calleja insistiron en que nunca se pecharon ao diálogo, pero que a postura do Concello foi de rexeitamento total.

“Nestes momentos, non podemos asegurar a continuidade do Fito”, declararon, dándose unha semana para tomar unha decisión en firme para decidir o futuro do Festival.

A situación é aínda máis comprometida polo feito de que dende o Concello insistiron en tramitar as axudas da Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais) para festivais de Artes Escénicas, mais ao final fixérono fóra de prazo, o que deu como resultado a perda duns 25.000 euros que a organización do festival debería asumir para poñer en marcha a edición deste ano.

“Houbo compañías que se ofreceron a actuar gratis no festival”, comentan, “pero trátase de tratar á cultura con dignidade”. Todo o contrario do que o novo goberno municipal vén demostrando dende que tomou posesión no que se toma unha dirección pouco respectuosa co tecido cultural da cidade”.

Esta realidade será hoxe debatida no pleno municipal grazas a unha moción presentada pola oposición que aclarará as posturas de cada quen a respecto do futuro do FITO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Josi Lage

Josi Lage: “Precísase poñer en valor o feito de que o FETEGA sexa o único festival integramente dedicado ao teatro galego”

ourensemerececultura |

Escena Galega rexeita o abandono do Festival de Teatro de Ourense por parte do Concello