Crítica

Tal e como viñemos

Rir versus RIP

| Afonso Becerra de Becerreá |

Talecomoviñemos

 

 

Vén de presentarse no V do Teatro Ensalle unha nova compañía de teatro saída da ESAD de Galicia, nomeada , co seu Traballo Fin de Estudos na especialidade de Interpretación Xestual, titulado Tal e como viñemos.

As actrices Lucía Hernández e fanlle unha especie de “xaque mate” á morte. “Neste espectáculo morro dezaseis veces”, di María antes de comezar unha parodia de escenas de tiroteo e morte, precedidas por flores e terra fresca.

O humor naif en sketchs sobre tetiñas e cabelo áspero ou o simulacro de morte e enterramento, entre outras formulacións escénicas, non son máis que xogos para quitarlle peso ao tema lutuoso e para sacalo de lugares comúns pseudofilosóficos ou existenciais.

Nesa liña está a escena expresionista dos monstros-bufóns que comparecen ante o rei, ante deus e ante o público para esgrimir as súas derradeiras palabras antes de fenecer. Unha hipérbole farsesca desde a que nos anuncian a nós tamén a morte e así xa podemos rir e descansar en paz (RIP. Requiescat in pace) ou mesmo morrer de risa.

Os cadros ou secuencias deste Tal e como viñemos crébanse sen solución de continuidade na acción, vinculándose pola heteroxeneidade lúdica de formulacións escénicas en torno ao tema aglutinante. Por exemplo, a escena na que o músico, Juris Simanovics, sae do seu recuncho e rompe o sketch dos monstros-bufóns para iniciar unha entrevista ás actrices sobre o que pensan da morte. Ou a pasaxe na que María fai unha danza de tremores e, despois, Lucía executa unha danza coa sombra das mans diante dun foco, contra a parede negra do fondo.

No conxunto destaca a intención cómica que lle resta transcendencia ao trance do pasamento. Desta maneira, o espectáculo devolve o acto de morrer á súa natureza puramente física. Tal desmitificación de cerna materialista, foxe de contextos lacrimóxenos.

O enterro da caixiña de madeira cunhas figuriñas de xadrez pecha a obra, nesa alegoría coa que se encetou o espectáculo e que establece un certo paralelismo entre a vida e o xogo.

As últimas verbas son os versos de Juan Ramón Jiménez: Y yo me iré y los pájaros seguirán cantando. Os últimos movementos son un baile arroutado de liberación mentres cantan “Another One Bites the Dust”coa compaña da voz de Freddie Mercury.

 

Tal e como viñemos de Lucía Hernández e María de las Llanderas.
Elenco: Lucía Hernández e María de las Llanderas
Dirección e produción: Agulla de Marear
Espazo escénico: Javier Quintana
Espazo sonoro e música en vivo: Juris Simanovics
Iluminación: Javier Quintana

Vigo en bruto 2015. Teatro Ensalle, 14 de xuño de 2015.

 

(Este artigo modificouse o 15 de xuño de 2015 para corrixir un erro polo cal se atribuía a iluminación a Pedro Fresneda).

 

 

 

Ficha artística

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete ao boletín á newsletter

Recibe no teu email as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!