in

Barriga Verde entra na RAG

barracaBarrigaVerde |

Comba Campoy, autora de Sen medo ao demo. Resistencia simbólica na Galiza da posguerra: o teatro de títeres de Barriga Verde, manterá unha conversa co profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e actor, Santi Prego, sobre Barriga Verde, o monicreque máis célebre do país. O acto celebrarase no salón de actos da Real Academia Galega hoxe, martes 26 de marzo, ás 19:30.

Campoy presentará o seu libro e conversará con Santi Prego sobre o mundo das feiras e as formas teatrais populares. O acto contará tamén coa presenza do xornalista Raimundo García, fillo de Raimundo García Borobó, que nos seus tempos foi un acérrimo defensor na súa época do traballo de José Silvent cos bonecos, a consideralo un auténtico artista e creador.

Precisamente foi Borobó quen, un artigo no xornal La Noche defendía que o titiriteiro tiña méritos abondos como para ser recoñecido como membro correspondente pola RAG. O seu labor a prol da cultura popular e do teatro, así como o traballo pola da lingua galega, ao desenvolver o seus espectáculos sempre no noso idioma, supuñan para o xornalismo motivos sobrados para o recoñecemento da Academia.

O secretario da RAG, Henrique Monteagudo, será o encargado de presentar o coloquio, coorganizado pola Academia e a Asociación Morreu o Demo, creada para recuperar a memoria do teatro de monicreques e de Barriga Verde, que levou o galego á escena nuns tempos no que o uso da lingua do país en actos públicos era casi inexistente.

No encontro do martes 26 de marzo abordarase, entre outras cuestións, a admiración que amosaron polo teatro de Barriga Verde en distintos artigos xornalísticos non só Borobó, senón tamén outros membros da Academia como Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro.


Publicidade

 

Monicreques orixinais do Pavillón da Risa

A celebración do Día Mundial do Teatro na Academia permitirá tamén ao público ver varias pezas orixinais da barraca de José Silvent, o chamado Pavillón da Risa. Son parte da exposición Barriga Verde. De feira en feira, que tras viaxar por distintas localidades galegas puido verse no Centro Internacional do Monicreque de Tolosa e chegará proximamente ao Museo Etnográfico de Castela e León (Zamora).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CDG AGADIC

O CDG celebra o Día do Teatro cunha xornada de portas abertas

PresentacionCongreso |

Compostela acollerá en 2020 o I Congreso Internacional do Teatro Galego