in

No confín de… Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira

Xavier Castiñeira e Esther Carrodeguas | ButacaZero
Ela, dramaturga e actriz; entre as súas pezas destacan Voaxa e Carmín (Premio Abrente de Textos Teatrais 2015) ou Na butaca. El, director e docente; as súas últimas montaxes son #camiños e Despois das ondas. Xuntos, a compañía ButacaZero.

 

Os libros que tendes sobre a mesa de noite.

Carrodeguas: De lo sublime de Longino, Lectura fácil de Cristina Morales e a Obra dramática de Andrea Dunbar, na tradución de Manuel Vieites para Galaxia. Eses están sobre a mesa de noite e dentro aínda teño máis, pero os que estou lendo… Son outros!

Castiñeira: Pois todos os que non lle collen a Esther… Os que estou a ler son Sapiens de Yutval Noah Harari (para tentar entender como chegamos ata aquí), Maldita Feminista de Loola Pérez e, tamén, releo a Eugenio Barba. Ademais, cada días leo as últimas dúas frases do Godot.

 

A vosa banda sonora destes días.

Carrodeguas: La revolución sexual de La Casa Azul, por culpa de Sol Picó. Póñoa en bucle e axúdame cos abdominais, que falta me fan…

Castiñeira: Cada día poño un pixama musical diferente. Hoxe tocou jazz: Keith Jarret, Robert Elovson, Michel Petrucciani, Sixth Street Quartet… Decide Spotify.

 

O último filme que vos impresionou.

C&C: 8½ (Otto e mezzo) de Federico Fellini. Foi unha experiencia [Esther] e re-experiencia [Xavier] sorprendente.

 

A obra de arte na que vos perderiades agora.


Publicidade

C&C: Temos tanta necesidade de aire que Cabo Home podería ser o mellor dos museos.

 

A peza que vos gustaría dirixir, compoñer, interpretar…

Carrodeguas: sempre quixen dirixir Woyzeck de Georg Büchner. Como actriz, ser a mestra de cerimonias de Cabaret é o meu soño, sen dúbida.

Castiñeira: Crear os oito primeiros compases da Aria I das Variacións Goldberg de Bach.

 

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Carrodeguas: tomaría un algo con Kiki de Montparnasse. En realidade, creo que sempre quixen ser ela, pero esa é outra historia…

Castiñeira: saír de esmorga cos irmáns Marx.

 

Se non fosedes dramaturga e director, seriades…

C&C: Se puidésemos facer outra cousa, non faríamos teatro. Non compensa.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatroprincipalcompostela |

As asociacións profesionais da cultura denuncian a inactividade da Xunta ante a crise

Candido Pazó

No confín de… Cándido Pazó