in

No confín de… Irene Moreira e Alex Sobrino

Irene Moreira & Álex Sobrino
Irene Moreira, directora de escena, e Álex Sobrino, actor. Xuntos son Xerpo Cultural e xuntos fan Ingrávida: espazo de gravitación artística. A sala porriñesa aposta, desde a súa apertura, por unha programación próxima a linguaxes escénicas innovadoras e polos novos valores da escena galega co seu programa de residencias artísticas Sumidoiros.

 

O libro que tedes sobre a mesa de noite.

Irene: Sempre leo máis dun libro á vez para non aburrirme co mesmo tema. Agora estou con dous: El Entusiasmo. Precariedad y trabajo creativo en la era digital de Remedios Zafra, ensaio marabilloso de como nos enganan a través da ilusión por traballar na arte e nos adían a vida transformándonos en clase precaria e como o permitimos sen decatarnos; e Armonías y suaves cantos de Anna Beer, un percorrido pola historia da música clásica a través de oito mulleres. Aproveito para aprender o que me interesa: as mulleres na música clásica.

Publicidade

Álex: Só leo un libro de cada vez para non mesturar historias ou conceptos. Agora mesmo estou a ler O Señor dos Aneis de J.R.R. Tolkien, unha edición en galego preciosa de Sushi Books que me regalou Irene.

 

A vosa banda sonora destes días.

Xuntos escoitamos Sés e Blues. Por separado, Irene a Silvio Rodríguez e IZARO; e Álex a Tom Waits, Howlin’ Wolf e Zaz

Somos os dous grandes oíntes de podcast. Irene é moi fan de Diana Uribe e Álex de Our ludicrous future, Waveform ou Bad Science.

 

O último filme que vos impresionou.

Rematamos esta semana a serie Tales from the Loop de Simon Stålenhag, dirixida por diferentes directoras cada capítulo. Contén moito do que nos une: filosofía, física e futuro. Gozámola moito xuntos! O último capítulo dirixido por Jodie Foster é estupendo.

Irene: Se falamos de película, a última que me impresionou foi Parasitos de Bong Joon-ho.

Publicidade

Álex: Impresionar, o que é impresionar, o último foi Joker de Todd Phillips, sen dúbida.

 

A obra de arte na que vos perderiades agora.

Irene: Nunha das instalacións de Jaume Plensa, encántame a estética. Dá forma aos pensamentos cando habitas as súas pezas!

Álex: Eu tiraría por perderme nalgunha exposición de Anish Kapoor. Ás veces son desconcertantes as deformacións dos espazos que fai e como dá forma á realidade.

 

A peza que vos gustaría dirixir e interpretar.

Irene: Gustaría de ter dirixido La chambre d’Isabella de Jan Lauwers da Needcompany. Ten todo o que me gusta: rebenta as narrativas convencionais, elenco grande e un espazo sonoro que vertebra a proposta.

Álex: Encantaríame interpretar ao personaxe de George en Who’s afraid of Virginia Woolf? de Edward Albee.

 

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Álex: Groucho Marx, pero non nun camarote.

Irene: Sen dúbida, nestes tempos, con Fidel Castro. Necesito socializar e Fidel é garantía de dicir: “vou tomar unha caña e volver ao día seguinte!”

 

Se non fósedes teatreiros, seriades…

Irene: Se non fose directora de escena sería cociñeira. Adoro facer receitas, combinar ingredientes e vólveme tola a mise en place. Creo que me tería ido mellor! É máis doado comprender aos vexetais que á administración.

Álex: Se non fose actor sería fotógrafo. Adoro o encanto da captura do instante, a comunicación mediante a imaxe e a maxia de atopar o momento preciso.

Publicidade
Publicidade
Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Candido Pazó

No confín de… Cándido Pazó

20042020 RPMontero3 |

As medidas do goberno estatal para a cultura aprázanse unha semana máis