in

As medidas do goberno estatal para a cultura aprázanse unha semana máis

20042020 RPMontero3 |
O Ministerio alega que o proceso segue o calendario previsto, malia que se anunciara a aprobación dun primeiro paquete de medidas no Consello de Ministros do 28 de abril.
| M. X. |
| Foto: Moncloa / Borja Puig de la Bellacasa |

 

O pasado 17 de abril o ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, e a ministra de Facenda, María Jesús Montero, mantiveron unha reunión telemática cos sectores que integran a Cultura para identificar medidas de apoio viables en medio da pandemia do coronavirus. Daquela, Montero impúxose un prazo de dez días para estudar as propostas do sector e poder levar ao Consello de Ministros un primeiro paquete de medidas de apoio urxentes para o sector da Cultura.

Os dez días, porén, xa se cumpriron e agora os resultados concretos aprázanse ata o Consello de Ministro do vindeiro 5 de maio, data na que, segundo o Ministerio de Cultura se presentará un primeiro paquete de medidas para o sector cultural. Fontes do Ministerio sosteñen que non se trata dun atraso e de que o proceso segue o calendario previsto.


Publicidade

En todo caso, o atraso segue provocando nerviosismo e enfado no sector, que continúa pendente de ver que respostas se dan a peticións como a redución do IVE, o fondo de financiamento para retomar a actividade ou a execución da totalidade do orzamento destinado ás artes escénicas previsto para este exercicio.

Logo dunha vaga de indignación causada pola primeira comparecencia de Uribe ante os medios na que anunciou que non habería ningunha medida específica para o sector, a reunión mantida o 17 semellaba ter calmado os ánimos ante o anuncio de que o Consello de Ministros do 28 de abril se aprobaría un primeiro paquete de medidas. Agora, esa saída queda aprazada unha semana máis.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Irene Moreira & Álex Sobrino

No confín de… Irene Moreira e Alex Sobrino

DeputacionCoruña |

A Deputación da Coruña destina 1,8 millóns de euros á contratación de persoal técnico de deportes e cultura nos concellos