in

A Deputación da Coruña destina 1,8 millóns de euros á contratación de persoal técnico de deportes e cultura nos concellos

DeputacionCoruña |
O persoal especializado poderá adaptar a programación das áreas á nova situación provocada pola COVID19

 

Case dous millóns de euros son o orzamento que a Deputación da Coruña destina ás dúas liñas de axuda para a contratación de persoal técnico municipal das áreas de deportes e cultura nos concellos da provincia. En concreto, serán 1.008.966,33 € para Deportes e 768.819,91 € para Cultura, o que suporá a creación de arredor de 150 empregos. O persoal especializado poderá adaptar as programacións nas dúas áreas á nova situación imposta pola COVID19.

Un total de 77 concellos son os beneficiarios da liña de axudas para a contratación de persoal técnico en deportes e 72 da destinada a técnicos e técnicas de cultura ás que hai que sumar a contratación que cubrirá distintos concellos da mancomunidade de Ordes. As dúas liñas van permitir realizar contratacións para profesionalizar as dúas áreas de xestión municipal e adaptalas ás particulares necesidades actuais.

A convocatoria para persoal técnico de deportes permitirá aos concellos contar cunha programación profesional e estable ademais de, nestes momentos, axustar a práctica deportiva ás condicións sanitarias que se vaian producindo pola evolución da pandemia.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destaca que este programa “contribúe á creación de emprego coa contratación de persoal técnico deportivo que, ademais das funcións habituais de promoción do deporte, será moi útil para adaptar as instalacións e as actividades á evolución do COVID19, aplicando e supervisando as pautas de actuación que indiquen as autoridades no seu momento para garantir a seguridade nas instalacións deportivas”.


Publicidade

Os concellos tamén precisarán unha visión profesional para o desenvolvemento das programacións culturais cando se levante o estado de alarma e, nese sentido, a liña de axudas da Deputación da Coruña para persoal técnico poderá contribuír a marcar as pautas na actividade municipal cultural.

“Contribuír á profesionalización das áreas de cultura dos concellos e dos centros culturais para promover tamén boas prácticas na acción cultural é un dos obxectivos desta liña de axudas que, neste momento, precisa tamén unha orientación que adapte a programación á nova situación”, sinala o responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

Para o deputado de Cultura, “a contratación de persoal especializado nos concellos leva á mellora das boas prácticas en xestión cultural, un dos obxectivos que nos marcamos tamén na Deputación da Coruña, o que será aínda máis urxente e necesario dadas as circunstancias nas que estamos a vivir nas que é interesante actuar con precaución para coidar a saúde das persoas e tamén a vitalidade do sector”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20042020 RPMontero3 |

As medidas do goberno estatal para a cultura aprázanse unha semana máis

Raquel Castro

No confín de… Raquel Castro