in

No confín de… Raquel Castro

Raquel Castro
Profesora de lingua galega e literatura e portugués no ensino secundario. Escritora cunha prolífica obra para teatro e narrativa como A formiga fóra do carreiro ou Bestiario doméstico. Raquel Castro coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais para alumnado de secundaria.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Son de varios libros á vez, agora estou relendo A xente da barreira de Carvalho Calero. Mais estes días de corentena hai un libro que me chamou de volta: Un mundo feliz de Aldous Huxley, polo que ten de submisión no acatamento das normas. E, de novo, que non lese antes, estou con Teatro Escolhido de Almada Negreiros.

Publicidade

O BONECO: Estou-te a dizer que todas as noites me fartei de puxar por ti!
A BONECA: Eu julgava que era o Homem!
O BONECO: Ora aí está! De que serviu eu ter puxado tanto por ti, se tu te punhas a julgar outras coisas!

A túa banda sonora destes días.

Compóñena o cantar dos paxariños –que agora noto máis ca antes–, o silencio das noites, o cantar das motoserras, os corta céspedes afónicos e as desbrozadoras impertinentes. Tamén me deu polo jazz galego que combino con cantores portugueses coma o Zeca Afonso ou o Fausto. Púxenme nostálxica dos tempos de Compostela, de moita xente, de moita xente sen medo e con ganas de comer o mundo.

O último filme que te impresionou.

Parasitos de Bong Joon-ho. Tedes que vela, a min deume moito que pensar.

A obra de arte na que te perderías agora.

Le Café de nuit de Van Gogh. Teño moitas ganas de volver gozar das noites en terrazas, con moita xente. Aínda que, agora mesmo, coas ganas que teño de ver o mar, calquera cadro de praia de Sorolla me valería para perderme.

A peza que che gustaría crear.

Gustaríame dirixir Integral de Roberto Vidal Bolaño.

Publicidade

E gustaríame darlle forma a unha peza que me anda hai tempo pola cabeza Sapos, xente pechada nun bar, fóra chove moito, choven sapos. Os sapos caen do ceo en pingas grosas, igual que van caendo da boca dos personaxes atrapados no bar.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Tomaríame un licor café, máis ca unha caña, con Josephine de Beauharnais, a primeira muller de Napoleón. Bufff… Teño moitísimas preguntas que facerlle.

Se non foses profesora e escritora, serías…

Sería xornalista de rúa, de pé, a carón da xente, da noticia. Ou, quizais, cociñeira. Encántame cociñar para a familia e os amigos que veñen á casa. Quedarnos a falar na sobremesa ata que nos dá o sono e as palabras se esgotan. Estes días danme para moito cociñar, mais como os amigos non veñen, como de mais. Non sei como rematarei!

Publicidade
Publicidade
Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DeputacionCoruña |

A Deputación da Coruña destina 1,8 millóns de euros á contratación de persoal técnico de deportes e cultura nos concellos

Danza Alfaia

TrasPediante e a Universidade Vigo organizan un Día da Danza nas redes