in

TrasPediante e a Universidade Vigo organizan un Día da Danza nas redes

Danza Alfaia
A asociación de danza de Galicia trasPediante Cultura, organizadora do Festival corpo(a)terra, coordina un Día Internacional da Danza nas redes. | Foto: Angel Sousa |

 

O laboratorio de danza da Universidade de Vigo Doutras, que cumpre 10 anos, colabora coa Universidade Carlos III, o Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia, a Escola Danza Alfaia e o festival FôreFare, para celebrar o Día Internacional da Danza, nas posibilidades que o confinamento permite.

O bit é a unidade de medida da velocidade de transmisión de datos, en inglés beat quere dicir latexos. Por iso esperamos compartir a danza con vós neste contexto con latexos e datos. Para homenaxear a danza e para rendir tamén tributo ao encontro hai 10 anos da Universidade de Ourense e a Carlos III, que actuaron xuntas nos escenarios, recuperándoo e levándoo a escenarios virtuais.

Ofreceranse dúas clases abertas, dúas pequenas performances e unha contextualización teórica de este día aberta e gratuita para celebrar co seguinte programa:


Publicidade

 

PROGRAMA 29 de Abril: Descorporalizarnos para xuntarnos a través da plataforma zoom, danza para todxs os niveis:

  • 17:00: Presentación do programa da tarde.
  • 17:05: Clase de Aula das Artes UC3M – Universidade Carlos III, a cargo de Eva Paloma Sanz: 1ª Práctica guiada de Meditación e Ioga.
  • 18:00: Clase da Aula das Artes UC3M e FÔRE FARE a cargo de Almudena Rubiato: Movemento Inconfinable: Clase de danza africana con música en directo.
  • 19:00: Clase de Paula Quintas coordinadora de Danza Alfaia: Búsqueda de movemento.
  • 19:30Lectura do manifesto por Almudena Rubiato e presentación do proxecto FÔRE FARE (Danza e Percusión da África do Oeste) (5 min).
    Presentación da actualización do Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia www.arquivocondanza.gal, comisariado por Manu Lago (5 min).
    Performance Danza Alfaia (dirixida por Paula Quintas e Raquel Oitavén) (3 min)
    Work in progress performance Doutras: laboratorio de danza da Universidade de Vigo – Campus de Ourense (dirixida por Begoña Cuquejo e Nuria Sotelo) (5 min)

Poderá accederse a este programa a través da plataforma zoom.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Raquel Castro

No confín de… Raquel Castro

Olga Cameselle

No confín de… Olga Cameselle