in

No confín de… Noelia Castro

Noelia Castro
Actriz e deseñadora gráfica. Fundadora d’A Panadaría xunto con Ailén Kendelman e Areta Bolado. Noelia Castro é a responsábel da imaxe gráfica dos espectáculos da compañía: Pan! Pan!, Panamericana e Elisa e Marcela. No audiovisual traballou en 9 Fugas de Fon Cortizo e pronto poderemos vela no filme Ursúas de Roi Fernández.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Na de noite teño Pensamiento monógamo, terror poliamoroso de Brigitte Vasallo. Na de día, o cómic El zen habla de Tsai Chih Chung. Mólame tamén abrir libros de AJO ou Gloria Fuertes ao chou e ler o poema que estea nesa páxina.

A túa banda sonora destes días.

Escoito música moi variada. Para ser máis concreta, todo o que poida caber entre Reggaeton do 2000 e Mantras do a. C. O que máis soa estas semanas é Cota Não é Esmola de Bia Ferreira, Colors de Black Pumas, Esta noite de Uxía e Narf, Mil pasos de Soha, Prefiero de Antílopez, Vai embora! de MJ Pérez ou Jungle de Tash Sultana.

Ah! Pola mañá esperto cun agradable son de trade contra o asfalto. A actividade esencial de construír un túnel innecesario e contaminante no medio do centro histórico de Vigo é a única música en vivo da que podo desfrutar neste confinamento.

O último filme que te impresionou.

Do que vin estes días flipei con Parasitos de Bong Joon-ho e tamén con El hoyo de Galder Gaztelu-Urrutia. Obvio!

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Un percorrido pola obra e a historia da artista Ceija Stojka, supervivente do xenocidio da comunidade xitana pola Alemaña nazi. Fun á súa exposición no Reina Sofía este inverno e quedei fascinada.

A peza que che gustaría crear.

Gozo moito dos procesos, así que imaxino un no que estou co equipo artístico nunha casa na montaña onde só se escoite o son da natureza. Pasar o día adestrando, investigando, probando ou creando. Con tempo para cociñar, ir ao río (que estaría moi preto), camiñar, ler na hamaca, conversar, compartir… Sexa cal sexa o resultado, que nos quiten lo bailao.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Compartiría unhas papas arrugás con César Manrique nun dos patios da súa Casa del Palmeral.

Se non foses teatreira, serías…

Querería traballar coas mans na terra. Penso que botánica sería unha boa opción. Tamén é certo que merquei unha planta de pirixel esta semana e está pachuca, así que terei que revisalo.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Magda Henriques

Teatro do Noroeste-CDV ofrece un novo Ensaio de Mesa coa directora de Comedias do Minho

Carlos Labraña

No confín de… Carlos Labraña