in

Teatro do Noroeste-CDV ofrece un novo Ensaio de Mesa coa directora de Comedias do Minho

Magda Henriques

O Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana presenta este xoves 28 de maio un novo Ensaio de Mesa dentro da programación online Teatro do Noroeste em Sua Casa con Magda Henriques, directora artística das Comédias do Minho. A conversa terá lugar a partir das 18:30 (hora portuguesa).

Como vén sendo habitual, a conversa terá lugar a través da plataforma Zoom a partir das 18:30 (hora portuguesa), con transmisión en directo para o Facebook (https://www.facebook.com/teatro.do.noroeste.cdv). Ricardo Simões, director artístico do Teatro do Noroeste-CDV será o encargado de guiar o encontro coa directora da compañía de teatro sediada en Paredes de Coura. A charla, dedicada ao tema “Para um Teatro Pós-Pandémico”, ten duración de 30 minutos e inclúe espazo para resposta e comentario dos espectadores.

O espazo Ensaio de Mesa xa contou coa presenza de varios directores artísticos de compañías de todo Portugal como foron Isabel Craveiro de O Teatrão de Coimbra, Rodrigo Francisco da Companhia de Teatro de Almada ou Luis Vicente da ACTA-A Companhia de Teatro do Algarve.


Publicidade

Ademais, para esta semana, a programación online de maio, a compañía residente do Teatro Municipal Sá de Miranda transmite os espectáculos Viva ao Casamento, de Fernando Gomes -o sábado 30 ás 16:00- e Os ovos Misteriosos, de Ricardo Simões – o domingo 31 de maio ás 10:00.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

José Prieto

No confín de… José Prieto

Noelia Castro

No confín de… Noelia Castro