in

No confín de… José Prieto

José Prieto
Dramaturgo e director naronés. José Prieto é un dos autores teatrais máis destacados da nosa literatura dramática. Moitos dos seus textos, cargados sempre dunha fina ironía, son fundamentais para entender a escena galega das últimas décadas: Monólogo do imbécil (Premio Max ao mellor autor teatral en galego), Life is a Paripé, Caída libre (gañador do II Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas) ou, recentemente, Bernarda; peza pola que opta á mellor dirección e ao mellor texto orixinal nos Premios María Casares 2020.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Non está exactamente sobre a mesa de noite, pero teño preto Sapiens de Yuval Noah Harari; un ensaio sobre a nosa evolución como especie.

A túa banda sonora destes días.

De todo. Pero bastante Aute, por razóns obvias, e bastante Molotov e Franco Battiato, por outras.

O último filme que te impresionou.

Non sei se tanto como impresionarme, pero nestes días interesoume El Hoyo de Galder Gaztelu-Urrutia. Máis pola idea que pola materialización.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Estou perdido en A realidade na primavera de 2020, de autor descoñecido.

A peza que che gustaría dirixir ou asinar.

Calquera que me permita deixar de ser director e dramaturgo.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Pepa Flores.

Se non foses dramaturgo e director, serías…

A miña ilusión de neno era ser cantautor e de adolescente heroinómano. Non descarto ningunha das dúas opcións para o futuro.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MetroCadrado2020 |

Telón e Aparte convoca o IV Certame de Micro-Escenas M2

Magda Henriques

Teatro do Noroeste-CDV ofrece un novo Ensaio de Mesa coa directora de Comedias do Minho