in

Bancarrota

ensayos bancarrota foto acronica producciones ediima20150326 0819 3 |

Este asunto do diñeiro

| Camilo Franco |

ensayos-Bancarrota-Foto-Acronica-Producciones_EDIIMA20150326_0819_3

 

Como as miserias humanas non cambian dun século para outro, os argumentos teatrais vanse mantendo no tempo con toda frescura. Debería sorprendernos máis a resistencia dos humanos a mellorar que a idea de que os clásicos son intemporais. Seguramente o diñeiro é o invento máis influinte da historia da humanidade. Inflúe na vida cotián e na marcha dos países. Ten un curioso ascendente sobre as actividades das persoas e, sobre todo, consegue unha curiosa resposta uniforme por parte da especie. Aínda máis: o diñeiro é unha das poucas que é tan importante cando falta que cando o hai. Goldoni levaba razón, Molière levaba razón e non sei se Emilio Botín tamén levaba razón. Os cartos levábaos.

Os economistas aseguran que o diñeiro ten razóns particulares que non se entenden se non se analizan desde a súa propia natureza. Ao teatro debe pasarlle algo semellante: podes contar cunha idea atractiva, cun texto áxil e divertido, cun elenco enerxético e cun auditorio disposto a entender os problemas que xenera nos humanos os manexos dos cartos e a suma de todas esas circunstancias non funcionar. A primeira vista é iso o que acontece con Bancarrota. Un por un, cada un dos seus elementos parecen ter o seu valor, pero o conxunto é un mal negocio. En parte quizais porque o espíritu de Goldoni non era tanto o da comedia de situación como a satírica. A exemplaridade da historia e a bulra dos estereotipos estaban marcada pola axilidade no trámite. E a decisión desta montaxe é achegarse a algúns tipos de comedia moi marcada, algo ramplona, que ten como valor principal a súa facilidade de uso. Pero sobre a liña na que a compañía intenta facer avanzar a obra, a historia acaba sempre por cair do lado malo. Porque os estereotipos elexidos para actualizar a historia prefiren o trazo groso e desde aí é difícil encontrarse con esa certa sutileza das maneiras que debería gobernar o teatro derivado de Goldoni. Pero aínda que a caligrafía non fose todo o elegante que correspondería ao autor, o ritmo podería ter tentando achegarse un pouco a orixe da obra, pero tamén nisto a elección da montaxe é quedarse nun rego moi arado, moi visto e que quizais dea resultados cos públicos pero non cos espectadores. En case todos os sentidos, en cada opción Bancarrota prefire ser conservadora, tentar xogar coa idea do que o público dá como aceptado pero esa vía deixa á obra nunha contradición sobre cal é, realmente, o tipo de teatro que era necesario para contar esa historia de toda a vida sobre como inflúe o diñeiro no comportamento da xente.

 


Publicidade

Bancarrota, de Acrónica producciones
Autor: Carlo Goldoni
Versión: Álvaro Lizarrondo
Dirección: Fabio Mangolini
Elenco: Ion Iraizoz, Txema Martín, Txus Pellicer, Dani Llul, Naiara Carmona, Andrea Soto
Vestuario: Beruta
Escenografía y audiovisuales: Acrónica Producciones
Diseño de iluminación: Xabier Lozano
Música original: David Guindano
Ayudante de dirección: Hugo Nieto
Producción: David Bernués

 

Auditorio de Cangas. Mostra de teatro cómico e festivo de Cangas. 3 de xullo de 2015

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

circulos |

Non toques os meus círculos

estrancc83ocaso |

El extraño caso de la Marquesa de Vadillo