in

No confín de… Marta Pérez

Marta Perez
Creadora escénica e actriz. Marta Pérez é directora de Inversa Teatro, cuxo último espectáculo foi Sofía e as Postsocráticas, con María Roja e Silvia Penas en escena xunto á autora da Cañiza. O pasado ano editouse no libro conxunto DramaturXa do CDG a súa peza O péndulo. | Foto: Aleksander Bortko |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Agora mesmo ando a ler varias cousas de xeito desordenado. Unha delas é Sopa de Wuhan, artigos de diferentes pensadorxs contemporánexs sobre a situación actual. Volvín a outro libro que coñezo ben como El amor que nos cura de Boris Cyrulnik e hoxe comecei con Morfina de Mijaíl Bulgákov. Outro libro que me acompaña desde hai máis dun ano é o I Ching, do que me interesa tanto a súa consulta como o estudo do mesmo.

A túa banda sonora destes días.

Escoito moitas cousas variadas, pero neste tempo bailo moito a Altin Gün, unha banda turca de Rock psicodélico. E de xeito completamente oposto, deume por unha especie de mística da meditación e do silencio, supoño que influenciada pola recente lectura de Biografía del Silencio de Pablo D’ors. Así que oscilo entre o Rock e a música de cuncas tibetanas para meditar.

O último filme que te impresionou.

Penso moito no último filme protagonizado e dirixido de Casey Affleck, Light of my life, polo que ten de visionario con estes tempos. É sobre un mundo posapocalíptico no que non hai mulleres tras unha mortal epidemia que acabou con elas e no que os homes viven confinados nas súas casas. Sorprendente, non si?

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Nas esculturas voluptuosas de Henry Moore e no colectivo artístico contemporáneo e dadaísta SPIGGELIG, que mestura música, poesía, performance, instalación e acción visual dun xeito moi innovador. Tiven a sorte de participar na última vídeo-creación de Aleksander Bortko, o seu director, e a experiencia foi moi gratificante.

A peza que che gustaría dar forma…

O péndulo, unha peza que escribín para o grupo DramaturXa do Centro Dramático Galego, pero que se reconstruiría co traballo e colaboración de Carlos Álvarez-Ossorio e Ernesto Is.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Con Sócrates.

Se non foses actriz e directora, serías…

Acupuntora ou atracadora de bancos.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Germán Gundín

No confín de… Germán Gundín

Roberto Salgueiro

No confín de… Roberto Salgueiro