in

No confín de… Roberto Salgueiro

Roberto Salgueiro
Dramaturgo e director de escena. Director da Aula de Teatro da universidade de Santiago de Compostela. Roberto Salgueiro é un autor fundamental na escrita dramática galega contemporánea. O arce no xardín, Apnea, Matanza, Memoria de Helena e María ou Como mil cachiños de vidro que a dor escurece son algunhas das súas pezas más destacadas.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

En realidade non teño mesa de noite, senón un moble grande de máis que se enche de libros. Fágoo pra ver se se me pega algo, pero non hai maneira. Nestes días de confinamento lin A cousa vermella e Feliz Idade de Olga Novo e a última tradución do Doutor Zhivago (moi acaída pra este tempo). Agora ando, saltando dun a outro, cos Sonetos de Shakespeare, Una crónica de la Revolución Francesa de Simon Schama, rematando Hermano de hielo de Alicia Kopf e relendo El testamento de Makine. Ah, e o precioso conto ilustrado Snowhite de Ana Juan.

A túa banda sonora destes días.

Bastante heteroxénea… Grandes doses de Olafur Arnalds, Chet Baker e Masakatsu Takagi, algo de Cimafunk e TCL… Debussy pra conciliar o sono…. Música electrónica…

O último filme que te impresionou.

Pois este días vin Call me by your name de Luca Guadagnino, da que me falaran moi ben. E gustoume. Encantoume a fotografía e descrición dos ambientes, o retrato do verán… Os planos do inverno, cara o final do filme, son dunha plasticidade arrepiante. Oh! E o outro día botaban na televisión You’ve got Mail (Tes un Email) e perdina. Vaia por dios….

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Na exposición De Chagall a Malévich: el arte en revolución, que estivo en Madrid hai un ano e que, como nunca me decato de nada, non a vin a pesar de que estiven alí.

A peza que che gustaría dirixir.

Pois volvería dirixir cunha compañía profesional unha versión libre que preparei hai anos coa compañía de teatro da universidade: As cuñadas de Michel Tremblay. Si, encantaríame.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Creo que me gustaría asistir aos ensaios de Molière, no Hôtel de Bourgogne, do seu Burgués xentilhome e despois ir tomar unhas cañas con el. E con Charlotte Brontë polo menos un té, sen dúbida.

Se non foses dramaturgo e director, serías…

Fillo de aristócrata opulento ou burgués adiñeirado pra dedicarme por completo ao mundo da reflexión e da arte –e tamén da bebida– e recorrer Europa a finais do século XVIII.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marta Perez

No confín de… Marta Pérez

Arnoia |

Decepción do sector das artes escénicas ante o Plan de Reactivación da Xunta