in

No confín de… Germán Gundín

Germán Gundín
Teatreiro pluriempregado e multidisciplinar. A saber: músico, actor, adestrador, iluminador e técnico de directo. Germán Gundín deseñou as luces de espectáculos como Perplexo de Ilmaquinario Teatro (Premio María Casares 2015 á Mellor Iluminación) ou Interrupted de Teatro en Vilo e pronto poderemos ver a súa iluminación para Dreaming Juliet, o último traballo de Elefante Elegante. Desde hai uns anos é tamén xestor cultural e socio fundador de La Horizontal, centro cultural autoxestionado de Vallecas. | Foto: Guccio Romano |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

El ocho de Katherine Neville, novela que me quedou pendente de cando era adolescente e que puiden coñecer, da man de bos amigos, a partir das adaptacións destes mitos en narracións de xogos de rol; de lonxe moito máis estimulantes e vívidos. Abstracción e inmersión imaxinativa a un tempo, compartidas e presentes coma o teatro. Algo obvio xa que vimos dunha cultura de contadores. Tamén penso visitar de novo unha banda deseñada: Los combates cotidianos de Manu Larcenet. Conmovedora e fermosísima peza, intensa e compasiva.

Publicidade

A túa banda sonora destes días.

Cóctel de Trent Reznor, Muse, Queens of Stone Age, Tool e clásicos del jazz de Blue Note a partes iguais. Axitado e ben de volume, pero non remexido.

O último filme que te impresionou.

Toc Toc de Vicente Villanueva. É a adaptación ao cinema da peza do dramaturgo francés Laurent Baffie. Era vista a miña elección… Sen facer trampas teatreiras: a coreana Parasitos e O que arde de Oliver Laxe. Teño soños recorrentes co traballo das xiras, como se continuasen, e con estas películas desde que as vin. Moitísima potencia.

A obra de arte na que te perderías agora.

As Fragas do Eume, considerando que neste país natureza é arte.

Falando en termos pictóricos, nas casiñas rodeadas de árbores de Casa e xardín de Gabriele Münter. Para min sería como nadar en cores nun denso aire libre. Adoro a esta creadora.

A peza que che gustaría crear.

A que me gustaría está aínda por saír da cociña de Paz Buelta en La Horizontal: un solo de bufón que escribín arredor da ambición. Vou dicir, tamén, a vindeira que me gustaría e que tería que ser por forza unha adaptación literaria a mimo moderno e música cantada –silenciosa e elocuente, melódica e conmovedora– lembrando a Laxeiro. Arte galega e, polo tanto, universal.

Publicidade

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Penso que con Valle-Inclán. Ao vivir nun faiado en Madrid (afortunadamente o meu sen ratas) supoño que non podo evitar a curiosidade e comprobar se seguimos sendo igual de desastres –ou máis– que daquela. Se cadra, non me importaría irme tamén de cañas con Maruxa Mallo e Emmy Hennings. Ninguén sabe como podería acabar aquelo.

Se non foses teatreiro, serías…

Difícil de dicir porque, aínda tendo intentado outros oficios, todos os camiños trouxéronme á escena… Así que supoño que, tanto se digo enxeñeiro, fisioterapeuta ou mesmo periodista, remataría nunha compañía de teatro, de xira ou ata o fondo nun proxecto artístico. Non teño remedio.

Publicidade
Publicidade
Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Miau 5 |

Teatro del Andamio únese á nova Red Escena Iberoamericana

Marta Perez

No confín de… Marta Pérez