Cristal Méndez Queizán
Cristal Méndez Queizán forma parte da Cooperativa Maga de Voz, na que traballa como Vocal Coach e Cantoterapeuta, dirixindo proxectos psicopedagóxicos para colectivos resilientes. Viviu en Berlín, Barcelona e Roma, onde foi completando a súa formación: é Mestra de Música pola Universidade de Barcelona, ten un Máster en Terapias Artísticas pola Universidade de Roma 3 e ten estudos de música jazz en Santiago, Barcelona e Roma, con Bob Stolov e C. Sadolin, entre outros. Traballou un tempo subida aos escenarios como cantante, pero actualmente prefire axudar ás persoas a cantar “con voz propia”. Tamén crea e interpreta, xunto a outros artistas, espectáculos de música e poesía con textos e materiais propios. Ten un libro de poemas publicado en Espiral Maior titulado 'Amizade con Mowgli'.