MIT de Ribadavia

A MIT de Ribadavia celebra o Día Mundial do Teatro coa estrea dun documental

Non vale parar. Unha MIT nos tempos da COVID é o filme das ribadavienses Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Unha peza sensible, enfiada pola coreógrafa Laila Tafur, en residencia artística durante a MIT de 2020. A película recolle unha ollada ampla ás emocións, imaxes imborrables, retos e compromisos colectivos que se deron cita nos espazos a ceo aberto dun dos escasos eventos culturais que deu paso á apertura e protocolos COVID nos lugares da cultura ata o día de hoxe.

As Residencias Paraíso 2020 escollen os seis proxectos artísticos da súa cuarta edición

As Residencias Paraíso 200 fan pública a selección dos seis procesos artísticos que o colectivo RPM acompañará en 2020. Despois de valorar 62 proxectos presentados, Shelter, Manodura, Teorema, H/Ostia, Carne de canción e O raro é que bailar sexa raro son os títulos dos proxectos que se desenvolverán en residencias de entre dúas e tres […]