in

Lugo presenta a programación escénica de 2021

Programación teatral en Lugo

O Auditorio Gustavo Freire da cidade amurallada acollerá, de xaneiro a maio, vinte e cinco representacións teatrais. A programación escénica completarase con novas edicións da Mostra de Teatro Clásico e do ciclo Lugo en Danza.

A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, presentou esta semana a programación escénica do Auditorio Gustavo Freire que se desenvolverá desde este mes de xaneiro até maio. Cunha oferta de máis de 20 propostas teatrais, Ferreiro destacou que esta selección “une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado”.

Sobre as táboas do auditorio lucense pasarán, entre outras, as compañías galegas Ibuprofeno Teatro con O mel non caduca, Talía con Lambetadas, Avento coa súa comedia gastronómica Ummm!, Teatro da Ramboia co seu premiado espectáculo O meu mundo non é deste reino ou ArtesaCía e as súas Illas desertas. E desde diferentes puntos do estado chegarán as propostas de Kamizake Producciones, Markeliñe ou Teatro en Vilo.

Unha parte importante da programación contará, ademais, con propostas dirixidas, escritas, producidas e actuadas por mulleres como é o caso de Feminíssimas de De Ste Xeito, Guerra de identidade de Déborah Vukušić ou Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro.

As entradas están dispoñibles online ou de xeito presencial na Oficina Municipal de Turismo de Lugo, até 3 h. antes do comezo de cada función, e na billeteira do Auditorio Gustavo Freire desde hora e media antes.

Programación 2021 Auditorio Gustavo Freire (1º semestre)


Publicidade

Xaneiro
Domingo 10: Lambetadas de Talía Teatro
Xoves 14: Jauría de Kamikaze Producciones
Domingo 17: Guerra de identidade de DeuVe
Xoves 21: Feminíssimas de De Ste Xeito
Domingo 24: A nena que quería navegar de Redrum Teatro
Xoves 28: Hoy puede ser mi gran noche de Teatro En Vilo
Domingo 31: CRAKE de Hilo Producciones

Febreiro
Xoves 4: O premio de La Quintana Teatro
Domingo 7: Cartoons de Producións Excéntricas
Xoves 11: Liberto de Teatro Rebordelos
Domingo 21: Show de Barallocas de Marionetas Trécola
Xoves 25: Os Nenos da Variola de Pérez & Fernández
Domingo 28: Nautilus de La Negra

Abril
Xoves 8: O mel non caduca de Ibuprofeno Teatro
Domingo 11: Ummm! Unha comedia gastronómica para chupar os dedos de Teatro Avento
Xoves 15: Fillos do Sol de Contraproducións
Domingo 18: Italino Grand Hotel de Companyia La Tal
Xoves 22: Karelu de Os Náufragos Teatro
Domingo 25: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de A Xanela Do Maxín
Xoves 29: Illas desertas de ArtesaCía

Maio
Domingo 2: Crusoe de Markeliñe
Xoves 6: Anatomía dunha serea de Iria Pinheiro
Domingo 9: Don Gaiferos de Os Monicreques de Kukas
Xoves 13: Rara Avis de Lila Teatro
Domingo 16: O meu mundo non é deste reino Teatro da Ramboia

Consulta os horarios e faite coas túas entradas en https://www.entradaslugo.es/

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Certame Nova Dramaturxia Galega Actual de Feira do Leste

O Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual consolídase na terceira edición

Cuestión de egos Afonso Becerra de Becerreá

Cuestión de egos