in

Parte de lesións

Foto de Pablo Arenas.
Foto de Pablo Arenas.

Fatiga: (substantivo feminino) Sensación de falta de forzas físicas ou mentais, como consecuencia dun traballo ou dun esforzo..

Agora mesmo a batería do meu corpo non dá para máis. Estou sentando diante do ordenador cunha cunca de café, nun intento, case desesperado, de non caer no delirio.

O corpo ten memoria.

Publicidade

O meu maltreito nocello leva berrando varias horas. Alá abaixo noto que, entre os tendóns e os ósos, unha pequena boca se abriu paso para lembrarme a cada momento as últimas semanas. E berra e berra rindo de min.

Nesa mesma perna, uns centímetros máis arriba, o xeonllo que leva anos tendo a idade física dun xeonllo de 95 anos, está que non sabe se manterse firme ou comezar a tremer coma se dúas placas tectónicas loitasen por ocupar o mesmo espazo.

Creo que teño taquicardias. Dende logo o meu pulso non é regular. Nin coherente, nin ten sentido. Pero imos tirando a pesar do café, das poucas horas de sono e da loita invisible por manter a calma ante momentos de crise sobredimensionada.

Antes de todo isto eu pretendía poñerme en forma, ir ao ximnasio ou tal vez saír correr. Pero foi, como tantas outras cousas, un intento. As ganas quedaron traducidas unicamente á procurar en Google os prezos dos ximnasios máis próximos.

Quero acender a Play e xogar a cousas absurdas durante días e días. Pero o traballo non remata. Hai facturas que facer, documentos que completar, chamadas que facer, reunións nas que participar e isto e aquilo.

Bebo un pouco de café pensando na recta final. En que levo varias semanas sen escribir nada e que isto non está todo o pensado que me gustaría. Pero a cabeza tamén está no límite. Tal vez esaxero con este parte de lesións e queixas lastimeiras, pero fágoo porque me parece que é o máis honesto que podo escribir agora mesmo sobre o feito teatral.

Na últimas semanas vimos nacer unha guerra que sempre pagan os mesmos e soubemos da triste nova da marcha do noso querido e admirado Pedro Brandariz. Novas tristes que tinguiron os días e que houbo que aprender xestionar sobre a marcha.

Pola outra banda prendéronse dúas xiras. O noso Rastros está cargado na furgoneta e o coche agarda cos trebellos que o Crónicas de Ouro levará polos institutos.

Antes da estrea de Rastros, o pasado 4 de marzo no Principal de Santiago, falei cos dous mestres máis importantes que tiven. Amigos agora. Dinlles as grazas por moitas cousas, pero sobre todo, por facerme ver que podía confiar no meu camiño. Foron unhas mensaxes moi melindrosas e bonitas que nunca publicarei. Son un tesouro.

Publicidade

Esta é a vida que eu quería. Aquí está.

Publicidade
Publicidade
Pablo Carrera Simón

Pablo Carrera Simón

(Vigo, 1991) Master en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso & URJC. Graduado en Interpretación Textual e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Dende o ano 2019 presenta o podcast Procastination e é un dos fundadores da Asociación Galega de Commedia dell'Arte. As palabras fante conservador ou revolucionario. E nesas andamos.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Godot Jan Jonson |

O triunfo do fracaso

Como traducir unha catedral. Sobre a tradución de Lois Tobío do ‘Fausto’ de Goethe.