in ,

Día Mundial do Circo 2025

Este 19 de abril de 2025 celébrase o Día Mundial do Circo

Primeiras páxinas do artigo sobre o novo circo de toldo, escrito por Álvaro Reboredo "Fitiño" e publicado no número 108 da 'erregueté'
Primeiras páxinas do artigo sobre o novo circo de toldo, escrito por Álvaro Reboredo "Fitiño" e publicado no número 108 da 'erregueté' 2024

O Día Mundial do Circo foi fundado pola Fédération Mondiale du Cirque, unha organización creada baixo o patrocinio da Princesa Stéphanie de Mónaco en 2009. A celebración anual, que coincide co terceiro sábado do mes de abril, busca destacar a importancia cultural e artística dos circos en todo o mundo, fomentando o aprecio polas artes circenses tanto tradicionais como contemporáneas.

A Princesa Stephanie de Mónaco, presidenta honoraria da Federación Mundial de Circo, que con nove anos participara no xurado do Festival Internacional de Circo de Monte-Carlo, creado polo Príncipe Rainier III de Mónaco, escribiu:

“O circo ten o poder de facer do noso mundo un lugar mellor. Sempre reuniu as comunidades locais. Pero tamén tende pontes entre culturas e vincula as persoas aínda que non teñan unha lingua común. Une mentres celebra a diversidade, traendo esperanza, felicidade e risa aos nenos de todas as idades.

O circo é o único entretemento para toda a familia.”


Publicidade

Nesta data, en Galiza, celebramos a existencia de 52 artistas de Novo Circo, 13 compañías e 21 axentes, segundo o Censo do Circo Galego que se pode consultar no sitio da Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (APCG).

Con motivo deste Día Mundial do Circo compartirmos imaxes dalgunhas das páxinas da sección de “Artes circenses” da erregueté e enviamos o noso agradecemento e apoio ao sector, imprescindible para que a cultura galega acade a plenitude.

Artigo de Ana Abad de Larriva na 'erregueté' 108 de 2024
Artigo de Ana Abad de Larriva na ‘erregueté’ 108 de 2024
Artigo de Paula Quintas na 'erregueté' 108 de 2024
Artigo de Paula Quintas na ‘erregueté’ 108 de 2024
Artigo de Clara Gayo na 'erregueté' 107 de 2024
Artigo de Clara Gayo na ‘erregueté’ 107 de 2024
Artigo de Iván Fernández na 'erregueté' 106 de 2023
Artigo de Iván Fernández na ‘erregueté’ 106 de 2023
Artigo de Afonso Becerra na 'erregueté' 105 de 2023
Artigo de Afonso Becerra na ‘erregueté’ 105 de 2023
Artigo de Ana Abad de Larriva en 'erregueté' 104 de 2022
Artigo de Ana Abad de Larriva en ‘erregueté’ 104 de 2022
Capa 'erregueté' 103 de 2022
Capa ‘erregueté’ 103 de 2022
Artigo de Ana Abad de Larriva na 'erregueté' 103 de 2022
Artigo de Ana Abad de Larriva na ‘erregueté’ 103 de 2022
Artigo de Belém Brandido na 'erregueté' 102 de 2021
Artigo de Belém Brandido na ‘erregueté’ 102 de 2021

Artigo de Belém Brandido na 'erregueté' 101 de 2021
Artigo de Belém Brandido na ‘erregueté’ 101 de 2021

Afonso Becerra

Afonso Becerra

Director da erregueté | Revista Galega de Teatro. Pertence ao seu Consello de Redacción desde o 2006. Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Dirección escénica e dramaturxia polo Institut del Teatre de Barcelona. Titulado en Interpretación polo ITAE de Asturies. Dramaturgo e director de escena. Exerce a docencia en dramaturxia e escrita dramática na ESAD de Galiza desde o ano 2005. É colaborador, entre outras publicacións, de revistas de cultura e artes performativas como 'ARTEZBLAI', 'Primer Acto', 'Danza en escena', 'Tempos Novos', 'Grial'. Entre setembro de 2019 e xuño de 2021 foi colaborador especialista en artes escénicas da CRTVG, no programa 'ZIGZAG' da TVG. Desde setembro de 2022 é colaborador semanal sobre artes escénicas do 'DIARIO CULTURAL' da RADIO GALEGA.
Premio Álvaro Cunqueiro da Xunta de Galicia en 2001. Premio María Casares á Mellor Adaptación teatral en 2016. Premio de Honra do Festival de Teatro Galego, FETEGA, do Carballiño (Ourense) en 2020. Premio Internacional de Xornalismo Carlos Porto 2024, de prensa especializada, do Festival de Almada, organizado pola Câmara Municipal de Almada, do que tamén recibira unha Mención Honrosa en 2020.

2 Comentarios

Retrucar
  1. Veño de ver a montaxe do CDG “A burra, a mesa e o pau” e estou abraiada ao comprobar unha vez máis como o teatro público galego gasta os cartos de todos en espectáculos de tan baixa calidade. Unha peza confusa, con pretensións de teatro social pero sen un discurso claro, chea de decisións desde a dirección que non axudan nada a entender a narración (como o dos tres actores para cada personaxe, menudo lío, cando te decatas xa está rematando o espectáculo, a que viña que o irmán/irmáns estiveran vestidos de toureiros? e outra chea de decisións arbitrarias ). Entendo que unha das liñas do director do CDG é favorecer a creadoras emerxentes por iso contrata a directoras novas que poden achegar novas voces ao teatro galego, postura coa que concordo pero, que o espectáculo de máis relevancia de toda a temporada se confíe nesas persoas sen experiencia é un risco, segundo a miña opinión, é non é a primeira vez que ocorre. E que non me veñan cos datos da gran asistencia de público que claro indo polas vilas con autobuses recollendo á xente é unha boa estratexia para atraer xente ao teatro pero iso non é indicador do éxito dun espectáculo. En resumo, se dende a revista tendes unha canle de comunicación con alguén do centro trasladádelle por favor as miñas reflexións.
    Por outro lado, síntome decepcionada ao non atopar na vosa revista a crítica do espectáculo en cuestión, dende que se estreou, hai xa máis dun mes, estou agardando por ela e nada, nin rastro dela. Estou subscrita á vosa revista dende hai uns anos, leo os artigos e as críticas teatrais con moito interese e non atopar a crítica desta montaxe provocame certa inquedanza, será que non queredes facer unha crítica negativa dunha montaxe do noso teatro público? Gustaríame saber o motivo que vos levou a non incluíla porque sempre pensei que as críticas construtivas deben ser un bo estímulo para avanzar.

    • Bo día, Ánxela, que tal estás? Moitas grazas por acompañar e apoiar a revista ao longo destes anos! Xusto vimos de publicar un artigo sobre o espectáculo na edición dixital da revista (https://erreguete.gal/2025/04/20/a-burra-a-mesa-e-o-pau/), que tiñamos programado para publicar hoxe, coincidindo coa última función que vai acoller o Salón Teatro, e sairá tamén un artigo sobre o espectáculo no número 109 da revista en papel. Sentimos que te sentises así, pero que non puidese saír antes unha crítica na edición dixital sobre este espectáculo debeuse unicamente a cuestións de programación.
      Non hai, por parte da revista, ningunha intención ou vontade de non publicar críticas negativas cara aos espectáculos, sexan da compañía, pública ou privada, que sexa, sempre que, como ti dis, sexan construtivas e respectuosas; todo o contrario, xa que, nesa liña, a revista dá ás persoas que asinan os artigos total liberdade para recoller e expresar as súas impresións sobre os espectáculos sobre os que escriben. Estamos completamente de acordo en que as críticas construtivas poden ser un bo estímulo para avanzar e mellorar. Por iso mesmo, agradecémosche moito que compartises as túas inquedanzas cara ao espectáculo e cara ao labor da revista, e que sigas acompañándoa e apoiándoa, para que poida seguir medrando e mellorando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Hide to Seek' de Júlio Cerdeira. Theatro Circo. Foto: Lais Pereira.

Hide to Seek

'A burra, a mesa e o pau'. Foto do CDG.

A burra, a mesa e o pau