Daniela Ferrández
Nada no País Valencià, é galega de adopción. É doutora en historia contemporánea. Actualmente investiga a historia da disidencia sexual na Galiza do século XX, campo no que publicou o libro "A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza Contemporánea". Fai parte da Comisión Técnica de Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega e da Rede Galega de Estudos Queer.