Mariana Rodrigo
Son actriz, escritora e profesora. Nacín en Bos Aires, onde fun educada polo seu teatro independente e a súa Universidade. Dirixín un Club Cultural e a Área de Comunicacións dun Ministerio. Cheguei á Coruña, despois de pasar por Dublín, coa curiosidade como compás e a arte como bandeira. Creo no traballo colectivo e no poder do teatro para desafiar a realidade como única opción posible.